SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN

Lun, 02/03/2020

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a Resolución do 06.02.2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2020:

- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas,  que se tramitará co código de procedemento VI422E.

- Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago, que se tramitará co código de procedemento VI408H.

- Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C.

 

BENEFICIARIOS

a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.

b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As agrupacións de persoas propietarias.

d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan a cambio do pagamento da renda.

No caso das ARI, para seren beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos números anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

 

SOLICITUDES E SUBVENCIÓNS

As solicitudes realizaranse mediante a presentación dos formularios que se incorporan na convocatoria como anexo I (código VI422E), aenxo II (código Vi408h) e anexo V (código VI426C), en función do tipo de subvención solicitada, e deberán dirixirse ao órgano que se especifique para cada tipo de subvención.

 

FIN PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- Para o Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas ata o 26.03.2020.

- Para o Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago ata o 30.10.2020.

- Para o Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras ata o 10.11.2020.

A concesión das subvencións recollidas nas ditas resolucións tramitaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto en cada convocatoria.

 

MÁIS INFORMACIÓN AOS/ÁS INTERESADOS/AS

Chamando ao concello ao 981687001, no Instituto Galego de Vivenda e Solo nos teléfonos 981541981 e 981541982 ou no email rehabilitacion.igvs@xunta.es e tamén nas correspondentes convocatorias que se anexan.