SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA ANO 2021-2020

Ven, 09/07/2021


O Concello de Mesía informa de que a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou no DOG núm. 128, do 07.07.2021, a Resolución do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O obxecto destas axudas é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalación para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.



Poderán ser beneficiarios destas subvencións:
- As entidades sen ánimo de lucro
- As empresas legalmente constituídas e autónomos.

Quedan excluídos destas axudas:
- As empresas do sector da pesca e da acuicultura
- Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas.

A contía máxima da axuda por proxecto para empresas será de 40.000 € e de 25.000 € en entidades sen ánimo de lucro.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 16 de xullo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de decembro de 2021.

Máis información chamando ao concello, na propia “CONVOCATORIA” ou neste “ENLACE”.