SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS ANO 2021

Lun, 29/03/2021

O Concello de Mesía informa de que a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou hoxe, 29.03.2021, no DOG núm. 59, a Resolución, do 16 de marzo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A, B ou C
- Lavalouza A, B ou C
- Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas).

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.

Máis información na dita convocatoria, chamando ao concello ao 981687001, ou na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal), no teléfono 981 54 15 00 ou presencialmente no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 15 00.