SUBVENCIÓNS PROGRAMA MELLORA ACCESIBILIDADE VIVENDAS

Lun, 05/06/2023

O Concello de Mesía informa que o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou no DOG núm. 104, do 02/06/2023, a Resolución do 16 de maio de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con carácter plurianual.

O obxecto destas axudas é facilitar a adaptación tanto exterior como interior de diferentes tipos de inmobles residenciais para o uso por persoas con algún tipo de discapacidade a través, por exemplo, da instalación de ascensores e salva escaleiras, da mellora dos accesos dende a vía pública ou a dotaicón de produtos de apoio, sistemas de guiado, sinais luminosas e sonoras.

Podrán acollerse ao programa as persoas físicas donas, usufrutuarias ou inquilinas de inmobles, as comunidades de veciños, as sociedades cooperativas e as empresas construturas, propietarias ou arrendatarias de edificios.

Con carácter xeral, as axudas cubrirán, como máximo, o 60 % do custo da actuación. Esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80 % se na vivenda ou edificio reside unha persona con discapacidade ou maior de 65 anos.

O prazo de solicitudes destas axudas remata o 17/07/2023 ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información na propia convocatoria (Resolucion 16/05/2023 e Resolución do 23/09/2022) ou chamando ao concello ao 981687001.