TODAVÍA ESTA ABERTO O PRAZO PARA O PROXECTO “EMPRURAL: MOZOS E MOZAS CON PROXECTO"

Mar, 20/03/2018
EMPRURAL MESIA 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

Proxecto para mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos  en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

¡O prazo aínda está aberto, aproveitade!


Realizarase na aula de Xuventude do Concello de Curtis.
Calquera información sobre o proxecto chamar a Rocío ao 686 100 675.

TODA A INFORMACIÓN CLICANDO AQUÍ.