UNHA GRAN FESTA RECIBE OS REIS MAGOS EN MESÍA

Mar, 05/01/2016

Reis Magos en MesíaOs Reis Magos visitaron esta tarde Mesía, nunha festa de recepción que se lles ofreceu como adianto á visita que esta oite farán a cada unha das casas do municipio.

A celebración tivo lugar no pavillón municipal en Visantoña, entre as 16:30 e as 20 horas. Os grandes protagonistas foron os nenos e nenas que se achegaron ao encontro con Melchor, Gaspar e Baltasar. Os Magos recibíronos un a un, escoitaron todas as súas peticións e entregáronlles caramelos e agasallos a todos eles.

A festa ofreceu de balde inchables, xogos, obradoiros e outros moitos elementos de diversión para amenizar a espera dos Reis Magos. Tamén se serviu o tradicional roscó de Reis.

O Concello de Mesía decidiu trasladar este ano a recepción aos Reis Magos ao pavillón de Visantoña porque, despois do seu recente acondicionamento, reúne as condicións axeitadas para acoller este tipo de actividades.

Galería de imaxes: 
Os Reis Magos en Mesía
Os Reis Magos en Mesía
Os Reis Magos en Mesía
Os Reis Magos en Mesía