Noticias

Ven, 01/03/2024
CONTAMOS DELAS

 O Concello de Mesía, co motivo do Día Internacional da Muller, propón o concurso Contamos DELAS, como un medio para visibilizar o papel da muller na historia pasada e presente

En marzo teredes tempo para facer protagonista dunha historia á muller que vós queirades.

Trátase de facer un texto baseado na biografía dalgunha muller, famosa e coñecida, actual ou do pasado. A historia teredes que contala coma se vos fósedes a protagonista e en primeira persoa. O relato pode ser baseado totalmente na realidade ou ser inventado pero debe conter algo do pasado ou presente desa muller, resaltando sempre aquelo polo que é coñecida. Ao remate do relato debe figurar: "baseado na historia de (o nome da muller famosa que vos inspirou a historia) para que o xurado poida apreciar que efectivamente contén trazos para identificar a protagonista.

Bases en leer Máis

Mér, 28/02/2024
PRIMAVERA 2024 NO CONCELLO DE MESÍA

Aquí tedes un resumo das actividades para esta Primavera no concello.

Podedes anotarvos a programación da muller, de semana santa, excursión, saída de sendeirismo e balneario, etc, así coma ver os avisos e obras que sucederán nas próximas datas.

Animádevos a participar.

Agardámosvos!!

Mér, 21/02/2024

O Concello de Mesía informa de que o Servizo de Infraestruturas Agrarias de A Coruña remitiu anuncio, para exposición pública, polo que se fixa a data límite (29/02/2024) para solicitar os cambios de titularidade dos predios de substitución, por transmisión da propiedade por negocios xurídicos entre vivos ou por falecemento do titular na Zona de Concentración Parcelaria de Xanceda, Mesía.
 

Máis información en "Ler máis"

 

Mar, 20/02/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 33, do 15/02/2024, a convocatoria de subvencións, destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación do sinal de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares que radiquen na Comunidade Autónoma de Galicia.

As subvencións destinaranse a cubrir investimentos para o receptor Sat-TDT que se realicen en T-fogares situados en zonas en risco de exclusión dixital, para asegurar a correcta recepción e decodificación, polo menos, dos sinais de Televisión dixital dos servizos radiodifundidos en alta definición HD.

Para que os investimentos sexan subvencionables deberán ser adquiridos a través dunha empresa instaladora de telecomunicacións T-instalador.

O importe máximo da axuda para adquirir o receptor Sat-TDT para T-fogares de vivenda habitual será de 400,00 euros; por cada T-fogar de segunda residencia o importe máximo será de 200,00 euros.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de maio de 2024.

Máis información en "Ler máis".


 

Lun, 19/02/2024
Parque Eólico Solpor

Acordo do 4 de xaneiro de 2024 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de A Coruña, polo que se somete a información pública (por prazo de trinta días que se contarán a partir do seguinte ao de publicación do Acordo no DOG ou no xornal de maior circulación nos concellos afectados) a solicitude de declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto de Parque Eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (A Coruña) (exp.IN408A 2018/26), incluíndo a relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).
Nº Expte.: IN408A 2018/26 
Denominación do proxecto: Parque Eólico Solpor  (DUP)
Solicitante/Promotor: Green Capital Power S.L. 
Situación: Concello de Mesía e Ordes (A Coruña)

Documentación para información pública

1.    Acordo de información pública do 4 de xaneiro de 2024

2.    Documentación Técnica da DUP:

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións: 20/02/2024-03/04/2024

Esta documentación tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enlace: 

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Máis información en "Ler máis"

Mar, 23/01/2024
Evacuación Conxunta Parques Eólicos

Acordo do 20 de decembro de 2023 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto Solución de Evacuación Conxunta dos Parques Eólicos Legre e Solpor, nos concellos de Mesía Ordes e Abegondo (A Coruña), (exp.IN408A 2020/124).

Nº Expte.: IN408A 2020/124 
Denominación do proxecto: Solución de Evacuación Conxunta dos PPEE Legre e Solpor 
Solicitante/Promotor: Green Capital Power S.L. 
Situación: Concello de Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña)

Acordo de información pública do 20 de decembro de 2023.

Documentación Técnica do Proxecto:

​​​​Proxecto de execución Solución de Evacuación Conxunta dos PPEE Legre e Solpor (vsdo 24-8-23)

Plano Xeral do proxecto Solución de Evacuación Conxunta dos PPEE Legre e Solpor

Planos individuais dos predios afectados polo proxecto da instalación

Estudio de impacto ambiental (EIA) (asdo 16/08/23)

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións: 24/01/2024-05/03/2024

Toda a documentación sometida a información pública está no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Mar, 23/01/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña convocou as axudas PEL relativas á anualidade 2024:

> PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

> PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.> PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

> PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As bases das axudas PEL 2024 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.11 do 15 de xaneiro de 2024. Na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2024, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases. PLAN DE EMPREGO LOCAL

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 22 de febreiro de 2024. As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Máis información en "Ler máis".

Mar, 16/01/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas destinadas a particulares e comunidades veciñais para realizar actuacións para emendar os impactos paisaxísticos.

Poderán ser subvencionables obras de:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

A subvención pode chegar ata o 70% do proxecto co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15/02/2024 ou ata que se esgote o presuposto.

Máis información en "Ler máis"

Lun, 15/01/2024
ITV Agrícolas 2024

A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días:

Días: 21, 22 e 23 de Febreiro 2024

Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sito en Mata, parroquia de Xanceda.

Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas.

Ven, 29/12/2023
TORNEOS SOLIDARIOS Fútbol sala - Concello de Mesía

Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía.
Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€  a favor da AECC na loita contra o cáncro.

GALERÍA DE IMAXES.

Páxinas