As Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do 2018-19 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda.
O venres 31 de maio as 21:30 será o turno para que os adultos e maiores fagan exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.
O sábado 1 de xuño as 11:00 comezarán as exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda.