O Concello de Mesía aprobou hoxe, 28/09/2023, por Decreto de Alcaldía núm. 380/2023 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2023/2024 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2023.
O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 31/10/2023.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Máis información en "Ler máis".
Noticias
Xov, 28/09/2023 |
|
|
Xov, 28/09/2023 |
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 28/09/2023, por Decreto de Alcaldía núm. 381/2023 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024 coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia e así promover o benestar social, contribuíndo a paliar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.
|
|
Dom, 17/09/2023 |
Presentamos as actividades municipais para este curso 2023 - 2024. O prazo de inscricións será do 20 ao 27 de setembro, para ver se formamos os grupos propostos. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos!). Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 2 de outubro 2022 e rematarán en maio/xuño 2024. Avisaremos solo se algunha actividade NON empezara. |
|
Ven, 25/08/2023 |
O sábado, 9 de setembro, no marco do programa 'Terra Activa', terá lugar a celebración de Mesía Activa, no Concello Mesía. 15:00 h: Roteiro teatral da man da Asociación Raíña Paraíso, en grupos, a xente irá pasando e desfrutando de distintas representacións curtas que nos levarán a época dos nosos avós, o roteiro irá do Vilar á Raiña na parroquia de Cabrui ( un bus levará o inicio do roteiro a cada grupo). A partir das 17:00 h. O campo da Raiña acollerá xogos e obradoiros para grandes e pequenos. Ás 21:00 horas, teremos cea campestre (filloas, lacón, queixo..). INSCRICIÓN : clicar en Ler máis Colabora Concello de Mesía |
|
Sáb, 12/08/2023 |
O CONCELLO DE MESÍA INFORMA: A PARTIR DO LÚNS 14 DE AGOSTO O HORARIO DE APERTURA DA PISCINA GRANDE DE LUNS A XOVES PASA A SER ÁS 14:00 H. (agás o 15 de agosto que será ás 12:00 h.) Desculpen as molestias |
|
Sáb, 05/08/2023 |
Adxuntamos os cadros de competición das categorías feminina e masculina deste Torneo. Participarán 9 deportistas durante o mes de agosto en varias fases. As finais xogaranse na mañan do saábdo 26 de agosto. Actualizaremos os resultados e evolucion deste evento no apartado ACTIVIDADES desta web. |
|
Lun, 31/07/2023 |
O prazo de inscrición para o XIII Torneo de tenis remata o 3 de agosto, enviando un mail ca Folla de inscrición ao mail actividades@concellodemesia.gal Queremos retomar o noso Torneo de tenis non profesional organizado polo Concello de Mesía, que se xogará nas pistas de Xanceda nas categorías que se inscriban: individual feminina e masculina, e dobres mixto ou non. |
|
Mar, 25/07/2023 |
O sábado 22 de xullo celebramos con 70 persoas a Andaina popular de 5 quilómetros no entorno de Hospital de Bruma, así coma un percorrido alternativo de 3 K para nenos e nenas que viñeron con bicis e carritos. Ao rematar fixemos as Carreiras de menores cun circuito de axilidade. A metade dos deportistas quedaron a comer en CASA GRAÑA, colaboradora do evento. Repartíronse augas, unha bolsa de agasallo e ademáis medallas para nenos e nenas. |
|
Dom, 16/07/2023 |
Este evento organizase como novidade para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular. PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 19 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.) A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 4-5 kms as 10:30h arredor de Bruma. Tras a chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira no hórreo de Casa Graña, colaborador principal desta 1ª edición. Precisamente o escenario deste evento deportivo será a Explanada de Casa Graña; onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 € (de 13 anos en adiante) e de 10€ (7-12 anos). |
|
Mér, 12/07/2023 |
O Torneo deste ano será o domingo 16 de xullo en categoría senior e máis de 16 anos. Comeza as 16h e remata as 19:30, ca entrega de trofeos. CARACTERÍSTICAS DO TORNEO: Os partidos de F11 serán de 30 minutos (sen descanso). Cada equipo recibirá augas antes de cada encontro, e os 2 primeiros clasificados acadarán Trofeo. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- …
- seguinte ›
- última »