VOLTA AS AULAS MESIA 2020 - 21

Mar, 06/10/2020
VOLTA AS AULAS MESIA 2020 - 21 (imaxe de Gabriel Villamil)

Dende o concello queremos darvos varias noticias de interese para o estudantado de Mesía:

1. Mascarillas de tela homologadas: podedes recoller ata dúas por neno/a aqueles que as precisedes.

2. En breve realizaremos o pintado de xogos termoplásticos nos patios das unitarias de Visantoña e Olas e no CPI de Xanceda para que o alumnado teña mais opcións de xogo.

3. Nos últimos días chegaron as vosas casas os folletos ca oferta de actividades, tedes máis información na páxina web do concello. As actividades que se ofertan faranse respetando as normas sanitarias e priorizaremos que se manteñan o máis posible os grupos do cole. Deste xeito intentamos darvos a opción de ir a algunha actividade pero evidentemente manteranse aquelas nas que poidamos manter un equilibrio entre a seguridade e o número de xente anotada.

3. A casa da cultura recupera o seu horario habitual (luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30 e todas as tardes de luns a venres de 16:00 a 19:00) podendo usarse tanto a biblioteca como a aula de informática. Sempre respetando o protocolo e as normas sanitarias ( aforo, distancia, uso de mascarilla...).
Temos na biblioteca máis de 100 libros novos que estamos catalogando. E ademáis xa sabedes que podedes pedir calquera libro de lectura que precisedes e compraremolo.

4. Este ano como novidade faremos préstamo de ordenadores para aqueles estudantes que o precisen de forma puntual ( facer un traballo ....). Informádevos no concello.

5.Os estudantes de FP e Bacharelato xa poden solicitar as axudas de transporte.