VOLTA A SOLIDARIEDADE DEPORTIVA NO NADAL

Mér, 26/11/2025
TORNEOS SOLIDARIOS CONCELLO DE MESÍA 2025

O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA" 12 de decembro e o XIV TORNEO 'MESÍA CONTRA O CANCRO' 27 de decembro de 2025.

Ver a información dos Torneos:

VII TORNEO INFANTIL "MESÍA SOLIDARIA"
Será o venres 12 de decembro no polideportivo municipal en Olas. Servirá para recadar cartos en beneficio da Asociación de Persoas con Discapacidade AMARAI, radicada en Boimorto. 

PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA:  doazón de 2€ para AMARAI. As doazóns recolleraas directamente a Asociación no propio pavillón.

Haberá tres categorías: BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL Para xogar menores, en categorías superiores, deberán ter autorización nos pais/nais ou titores.

Inscricións na competición: comunicar ao 609353115 (Elena)  e  remitir a FOLLA de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ata o 5 de decembro.

O sistema de competición publicarémolo na web tras coñecer as equipas participantes. O horario será de tarde. Entre 16:30  e 21:00h.

XIV TORNEO FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CANCRO"
Pola súa parte, o XIV Torneo Solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro' terá lugar o sábado 27 decembro. Todo o recadado destínase, como todos estes anos, á AECC Asociación Española Contra el Cáncer. A recadación será o resultante das colaboracións e patrocinios de empresas e asociacións do municipio e da contorna, as cotas de inscrición dos equipos, a venda de rifas para os sorteos de varios lotes de produtos navideños, e as doazóns particulares.

A inscrición por cada equipo ten un importe de doazón de 50 euros, que depositarán ao entrar no pavillón na Furna da AECC.  Cada conxunto precisa un mínimo de seis xogadores/as e un máximo de dez. Todos deberán ser maiores de quince anos. As anotacións poden tramitarse remitindo a ficha de inscrición por correo electrónico a actividades@concellodemesia.gal ata o 19 de decembro. Existe un límite de oito equipos na categoría masculina e de catro equipos na feminina. O campionato desenvolverase polo sistema de liguilla pola mañá, xogando as semifinais e finais pola tarde. O torneo entregará trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría e un número para o sorteo a cada xogador e xogadora que se inscriban.

Durante a xornada do torneo, instalarase no pavillón unha mesa informativa para recoller as achegas voluntarias para a AECC. A entrada, con rifa, custa 2 € para o público adulto. Os nenos e nenas entrarán de balde.

As furnas para doazóns a beneficio da AECC e a beneficio de Amarai, estarán na Casa do Concello ata o día antes dos Torneos, á disposición das empresas, asociacións e particulares que desexen colaborar con aportacións. Despois, nas  xornadas das competicións, trasladaranse ao polideportivo en Olas.