XORNADA DE DIVERSIÓN PARA MÁIS DUN CENTENAR DE VECIÑOS E VECIÑAS DE MESÍA NA SAÍDA DE PATINAXE E CINE Á CORUÑA

Lun, 29/12/2014

Un total de 110 persoas, entre nenos, adolescentes e adultos, participaron hoxe na saída de patinaxe sobre xeo e cine na Coruña, organizada polo Concello de Mesía na súa programación de actividades de Nadal. 

Os participantes nesta saída aproveitaron a mañá na pista de patinaxe instalada nun centro comercial. Despois de xantar, foi o momento de repousar e asistir a unha proxección cinematográfica.

Dentro da programación municipal, a seguinte actividade agora será a Festa de Reis, o vindeiro luns 4 de xaneiro de 16:30 a 20:00 horas no polideportivo municipal en Xanceda. Os Reis Magos visitarán a celebración para entregarlles os primeiros agasallos e caramelos aos nenos e nenas. A festa contará con inchables, xogos, obradoiros e roscón de Reis para todos.

 

Galería de imaxes: