Ven, 18/12/2015
Hoxe remataron as xornadas de cociña de Nadal ofrecidas polo Concello de Mesía na súa programación de Nadal. Foron dúas clases de dúas horas de duración, a primeira o pasado venres e a segunda hoxe, nas que as nove participantes aprenderon de maneira moi práctica como elaborar algunhas receitas apetitosas para as festas que se aveciñan. Impartidas por un especialista, as sesións desenvolvéronse na aula polivalente da Casa da Cultura en Xanceda, que recentemente foi equipada cunha cociña axeitada para este tipo de cursos.
Galería de imaxes:



