XUNTANZA POLAS PARROQUIAS: MOBILIDADE POLA SAÚDE E TEMPO FORA

Dom, 05/07/2020
MOBILIDADE POLA SAÚDE CONCELLO DE MESIA 2020

Na liña pola movilidade dos nosos maiores, a semana pasada acudimos polas parroquias de Cabrui, Xanceda, Visantoña, Mesía, Albixoi, Boado, Castro, Olas e Cumbraos. Nesas XUNTANZAS practicamos e aprendimos a facer a TÁBOA DE MOBILIDADE POLA SAÚDE, e tamén entregamos actividades de TEMPO FÓRA para que os maiores teñan distracción e traballo de memoria nas casas.

A Concellería de Deportes publica aquí a Táboa con recomendacións de exercicios para aumentar a mobilidade pola saúde "mentres non poidamos xuntarnos". Agradecemos que as fagan chegar aos maiores, xa que serán os máis beneficiados cas mesmas.

Esta promoción ven xenerada polo estado de aislamento que vivimos pola COVID-19 e as recomendacións de Sanidade de non facer xuntanzas cos grupos de risco. Por iso quixemos achegar estas recomendacións e actividades aos nosos maiores, desexando que sigan con saúde e promovendo o movemento ainda que non podamos xuntarnos. #MesiaConSentidiño Bo verán!!

Galería de imaxes: 
Mesia - MOBILIDADE POLA SAÚDE CONCELLO DE MESIA 2020
Boado - MOBILIDADE POLA SAÚDE CONCELLO DE MESIA 2020