Noticias

Mér, 19/05/2021
RUTA DE SENDEIRISMO A CHELO - RÍO MANDEO recoñecemento

O domingo 23 faremos a segunda saída de sendeirismo da tempada pola beira do RÍO MANDEO - CHELO.

Faremos a ruta con mascarilla e distanciamento tal como esixen as restricións neste momento por seguridade ante a Covid-19.

Cada participante/grupo irá no seu coche as 10:00 h. ao punto que vos mandará Elena por móvil ao anotarvos, e clicando aquí tamén tedes ligazón:  Puente Teixeiro - Chelo

Mér, 19/05/2021

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicou hoxe, 19.05.2021, a Orde do 10 de maio de 2021 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do Programa Campaña de Verán 2021 e se procede á súa convocatoria.

Poden participar nas actividades ofertadas todas aquelas persoas mozas residentes en Galicia que naceran entre os anos 2003 e 2012, ambos inclusive, é dicir, de 9 a 17 anos. As persoas nacidas no ano 2003 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento, e as persoas nacidas no ano 2012 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

As actividades que se realizará nos campamentos serán de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A participación na oferta da Campaña de verán 2021 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código).

O prazo de presentación de solicitudes será do 20.05.2021 ao 28.05.2021, ambos os dous inclusive.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 13/05/2021
VISITAS DIDÁCTICAS: AULA NATUREZA E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE BRAÑAS DE VALGA

Debido á apertura das restriccións: retomamos as visitas guiadas polo noso Centro de interpretación do barro e pola contorna da lagoa.

Para ter máis información e formalizar reservas nos teléfonos  699 453 750 - 981 687 001 (Ext. 3), ou por mail: aulanatureza@concellodemesia.gal

Ven, 07/05/2021
LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE MESÍA

A próxima semana comezamos cas actividades das Letras galegas 2021:

ACTUACIÓNS NAS ESCOLAS

"OS CONTOS DA BRUXA CHISPÚN".

"ORELLA PENDELLA".

OBRA XELA ARIAS: Obradoiro co libro "PALABRA Á INTEMPERIE"  (BAíA EDICIÓNS).

PROXECCIÓN AO AIRE LIBRE da película "A GALIÑA TURULECA":  o 21 maio ás 21:30 na  Praza de Cabrui. Inscricións ata o 20 maio ata as 14 h. por WASAP ao Tlf. 699 453 750.

Ven, 30/04/2021
XORNAL DEPORTIVO MESÍA: Nº2 ABRIL 2021 - Concello de Mesia

O Concello de Mesía comeza con esta nova forma de comunicación do deporte no concello para tod@s.

Podedes acceder directamente en DESTACADOS desta WEB, ou clicando aquí. Tamén deixamos o XD MESÍA en formato documento adxuntado ao final desta nova.

O segundo número do noso XD MESÍA contén:

- COÑECENDO A VECIÑANZA DEPORTISTA: Entrevista a iudoca Tania López López.

- MÓVETE MESÍA: Presentación do 2º Circuíto Saudable e agasallo por facer deporte no concello.

- DEPORTE: Saída a ruta en Sigüeiro, e actualización da nosa ruta de sendeirismo PG-R 117.

- ARTIGOS: Obxectivos de desenvolvemento sostible: mes da sáude.

Xov, 29/04/2021
DOA SANGUE MESÍA

A UNIDADE MÓBIL estará na tarde do xoves 6 de maio DIANTE DO BAR "QUIQUE" de 16:00 a 21:00 horas.

É desexable solicitar CITA PREVIA para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Lun, 19/04/2021
DÍA DO LIBRO - Concello de Mesía 2021

O 23 de ABRIL é o DÍA DO LIBRO. Dende o CONCELLO de MESÍA queremos celebralo con toda a veciñanza.

Agasallaremos cun libro polas vosas visitas nese día. CÓMO? Acude á Biblioteca Municipal e comproba:

            * Se tes carné da biblioteca, senón podes aproveitar para facelo.

            * Se xa  tes carné,  revisa as novidades ou dinos que che gustaría ler  (se non hai o título que che interesa,  terémolo nuns días).

            *Se non estades no programa de GaliciaLe, poderemos incluirvos rapidamente (unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelá).

Teredes coma agasallo un libro para ler. Así que facede un oco nas vosas axendas que vos esperamos cun feixe de libros, para todas as idades, para celebrar este día tan especial!!

Biblioteca Municipal 981687241

Mér, 14/04/2021

O Concello de Mesía informa de que a Axencia do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 68, do 13.04.2021, a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021.


Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación: Bono mellora envolvente, bono mellora iluminación, bono mellora instalacións eléctricas, bono mellora equipamento, bono mellora climatización e bono inmótica.

Serán subvencionables os gastos e os investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2021. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30.06.2021.

Máis información en "Ler máis"

Mér, 14/04/2021

O Concello de Mesía informa de que o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no DOG núm.  68, do 13.04.2021, a Resolución do 29 de maroz de 2021 oiola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia sensibilizando e fomentando a colaboración cidadá para realizar diversas actuacións que eviten deteriorar o carácter ou a calidade da paisaxe de Galicia.

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe 14.04.2021 e remata o 31.05.2021 ou ata que se esgote o orzamento da convocatoria.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 12/04/2021
CURSO DE TABLETS PARA ADULTOS - Concello de Mesía 2021

Propoñemos este CURSO gratuito de alfabetización dixital, para poder integrarse no manexo das TICs, dirixido a persoas adultas sen coñecemento dixital, prioridade maiores de 65 anos.

Lugar: Locais onde se reúna xente para facer grupo.

O Concello aportará as tablets. Colabora a Deputación da Coruña

Inscricións no teléfono: 699 453 750

Páxinas