Noticias

Lun, 01/02/2021
SERVIZOS DE MESIA CON COMIDA E BEBIDA  PARA LEVAR - Febreiro 2021

O Concello de Mesía publica a relación actualizada dos locais que dispoñen de servizo de bebidas e comidas para levar, así como tendas de alimentación.

Dende o Concello de Mesía animamos á veciñanza a seguir consumindo desta maneira nos locais, co obxectivo de que o peche sexa algo más levadeiro.

Ven, 29/01/2021
ITV Agrícolas 2021

A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días:

Días: 22 ao 24 de Marzo de 2021

Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sita en Mata, parroquia de Xanceda.

Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas.

Agás o 24 de Marzo que será só en horario de mañá.

Para solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00, ou a través da web: www.sycitv.com

 

Mér, 27/01/2021
DESFILE DE ENTROIDO VIRTUAL - Concello de Mesia 2021

O Concello de Mesía celebrará o Entroido e, para iso, faremos un vídeo con todas as fotos que nos enviedes disfrazados/as, coma se estivésemos enriba da nosa tarima do desfile de Entroido, coma sempre!

Para participar neste Desfile Virtual enviádenos as vosas fotos cos disfraces deste 2021 ata o día 9 de febreiro ao mail actividades@concellodemesia.gal, indicando o voso nome e lugar. Tamén podedes enviar un wasap ao 699453750 pero as imaxes perderán calidade.

Recibiredes un agasallo especial “CORRÍN O ENTROIDO EN MESIA” trala publicación do vídeo o 13 de febreiro, sábado de entroido.

#CORRINoENTROIDOenMESIA

Ven, 22/01/2021
CIRCUITO SAUDABLE (Visantoña) - MOVETE MESIA

Presentamos este CIRCUITO SAUDABLE coma unha das alternativas deportivas e de saúde que estamos poñendo en marcha ante a nova normalidade que nos toca vivir: facer exercicio en zonas exteriores do concello para ir pola vosa conta a movervos con sentidiño.

Dentro deste Programa "MÓVETE MESIA" tamén instalaremos ao longo do ano otros circuitos saudables (nestes casos na Ponte Carballa (Olas),  e en Xanceda), así coma estamos elaborando Rutas Saudables noutras parroquias do concello.

Mér, 20/01/2021
MOVETE MESIA EN LIÑA - Concello de Mesia

MÓVETE MESIA EN LIÑA é o programa saudable que adoptou a Concellería de deportes dende inicios de novembro por mor das restriccións por non poder xuntarnos pola Covid-19.

Trátanse de sesións en liña (co ordenador, tableta ou móvil) na que Elena, técnica deportiva municipal, conéctase impartindo clases de ximnasia cas persoas interesadas en manter a saúde por medio do movemento. Tamén están ofertades outras actividades que sairán adiente de formarse grupo interesado: ESCOLA DE ESPALDA, BAILE MAIORES, BAILE/AEROBIC INFANTIL/XUVENIL.

Solucións para tempos dificiles! NON PARAMOS NIN NO NADAL: MIRADE AS IMAXES DE COMO FIXEMOS ACTIVIDADES NO ÚLTIMO MES

Mér, 20/01/2021

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 6, do 12.01.2021, a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

Persoas beneficiarias: Alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais.

Prazo de presentación de solicitudes:
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 12.02.2021.
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 e é anterior á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 12.02.2021.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da dita Orde.
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da dita Orde.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 19/01/2021
AXUDAS PROXECTOS RENOVABLES, DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou no DOGA varias convocatorias de subvencións para proxectos de enerxías renovables para particulares así como para proxectos de aforro e eficiencia enerxética para empresas tanto para as de produción agrícola como para as de industria e servizos.

As convocatorias publicadas son as seguintes:

1.  Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2021 (código de procedemento IN421L), convocatoria publicada no DOGA núm. 8, do 14.01.2021.
Prazo de solicitude ata o 14.02.2021.

2. Axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
Prazo de solicitude ata o 15.10.2021.

3. Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
Prazo de solicitude comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

4. Axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, convocatoria publicada no DOGA núm. 10, do 18.01.2021.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
– Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
– Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 15/01/2021
PEL REACTIVA 2020

O Concello de Mesía publica a Resolución de concesión provisional, ditada pola Alcaldía o 15/01/2021, das axudas PEL REACTIVA 2020, convocadas polo concello coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as ao abeiro da adhesión ao Fondo de Finanaciamento para a reactivación económica e social da provincia da Deputación Provincial da Coruña.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución provisional nesta páxina web, para que os/as beneficiarios/as poidan comunicar, se é o caso, a desistencia da solicitude, alegacións ou emenda de erros.

Poden consultar a dita resolución en "Ler máis".

Ven, 08/01/2021
RELACIÓN DAS PERSOAS PREMIADAS CON 30 VALES DE 100€ EN MERCAMESIA 2020

Adxuntamos o listado cas 30 peroas agraciadas con vales de 100€ na Campaña MERCAMESIA 2020. #gañamesia

Ven, 08/01/2021
Transporte Público de Galicia

A posta en marcha do novo plan de transporte público coa adxudicación dos novos contratos e concesións de liñas licitadas pola Xunta de Galicia conlevou a modificación de horarios e recorridos.

Dende a víspera de Noiteboa a UTE Hércules, operador XG846 formada polas empresas Gilsanz e Autos Rico son as que prestan o servizo de transporte público polo concello de Mesía. (preme ler máis para toda a información)

Páxinas