Noticias

Lun, 03/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA!!

O Concello de Mesía proponvos unha programación o aire libre,  chea de grandes artistas e de bos espectáculos, unha boa camposa e unha boa sombra  onde poderedes  sentarvos  a desfrutar .

Só falta o público para elo contamos que vos acheguedes.

Os espectáculos son para público familiar, de seguro que vos vai encantar!!!

Mér, 29/07/2020

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse do Bono Concilia, que consiste na concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2 da Orde que regula a convocatoria, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e convocalas para o curso 2020/21.

O prazo de solicitude remata o 27.08.2020.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 22/07/2020
CINE CAMPA XOECON MESIA 2020

Entramos na segunda quenda do Campamento de conciliación Concello de Mesía 2020, tras rematar a semana pasada cunha visita ao Cine.

Tamén aproveitamos a piscina con este bo tempo, e fixemos xogos, bailes, ximkanas, deportes e obradoiros.

Mostrámosvos algunhas imaxes.

Mér, 15/07/2020
Eleccions  ao Parlamento de Galicia

Toda a información do Escrutinio das 7 Mesas Electorais ás Eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo 2020

Mar, 14/07/2020
CAMPAMENTO XOECON CONCELLO DE MESIA 2020

O 6 de xullo comezou a primeira das quendas de campamento para que as familias poidan ter para os/as fillos/as unha actividade divertida e de conciliación de  09:30 a 14:00 h.

Xa temos realizado talleres culturais, ximkanas, actividades predeportivas e xogos nas piscinas.

Ao final da semán viñeron visitarnos dende Lalín con Xogos do Paporrubio: xogos tradicionais, carreiras, caza do xigante, etc.

Esta semana sairemos o venres ao cine para rematar esta quenda por todo o alto.

Lun, 13/07/2020
VOLUNTARIADO XUVENIL XUNTA DE GALICIA

O noso agradecemento ás voluntarias deste ano do Programa do Servizo de voluntariado xuvenil:  Aida Cao, Alba García, Lucía Nuñez, Sheila Blanco, Noelia Blanco e Nerea Vázquez, que están a realizar o seu traballo nos campamentos de conciliación de verán e na Casa da Cultura:
Grazas!!

Dom, 05/07/2020
MOBILIDADE POLA SAÚDE CONCELLO DE MESIA 2020

Na liña pola movilidade dos nosos maiores, a semana pasada acudimos polas as de Cabrui, Xanceda, Visantoña, Mesía, Albixoi, Boado, Castro, Olas e Cumbraos. Nesas XUNTANZAS practicamos e aprendimos a facer a TÁBOA DE MOBILIDADE POLA SAÚDE, e tamén entregamos actividades de TEMPO FÓRA para que os maiores teñan distracción e traballo de memoria nas casas.

Mér, 01/07/2020
PISCINAS MUNICIPAIS MESIA 2020

As instalacións albergarán un máximo de 150 persoas, das que só 23 poderán coincidir na piscina de adultos e 10 na infantil.

A búsqueda de seguridade neste espacio de ocio marcará o resto de novas normativas da piscina para este verán, que se recollen no PROTOCOLO  DE SEGURIDADE POLA COVID-19 debido a medidas sanitarias que nos rodean neste verán 2020.

Ven, 19/06/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA  2020

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, nas que gardaremos as medidas preventivas requeridas pola COVID - 19.

Escolas e campus infantís e para adultos, con diversas actividades deportivas (natación, tenis e bádminton, ximnasia Circuitos, aerobic -zumba, patinaxe, aquagym) e cursos de formación (pintura e informática adultos e rapaces/zas)

Este verán non poderemos facer algúns eventos e saídas, as que estabamos habituados, coma medida preventiva polo Covid-19; agardamos voltar a normalidade nas escolas de inverno.

Mar, 16/06/2020
CD MESIA 2020

O Concello de Mesía quere dar a noraboa ao Staff técnico, xogadores, directiva e afeccionados do Club Deportivo MESÍA polo seu ascenso a Segunda Rexional, tras finalizar a liga en 2ª posición.

 

 

Páxinas