Noticias

Ven, 08/05/2020

O Concello de Mesía convoca as axudas por nacemento de fillos ou fillas, adopcións e acollementos producidos durante o ano 2020.

A axuda ten unha contía de 300 euros por cada nacemento, adopción ou acollemento, en pagamento único.

É compatible con calquera outra establecida polas demais administracións públicas.

As bases poden consultarse premendo aquí.

Mér, 29/04/2020

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia publicou hoxe, día 29.04.2020, no DOG núm. 82, a Resolución pola que permite solicitar queimas por razóns fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. As solicitudes realizaranse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais da Xefatura Territorial da Coruña en ccp.coruna@xunta.gal. A queima de restos agrícolas amoreados poderase levar a cabo unha vez que se reciba a correspondente autorización por correo electrónico. Tamén se reactiva a obriga de xestionar a biomasa nas faixas próximas ás vivendas.

Máis información no seguinte enlace: Consellería de Medio Rural.
 

Lun, 27/04/2020

O Estado publicou no Boletín Oficial do Estado núm. 112 do 22.04.2020 o Real Decreto – Lei 15/2020, de 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego. Este novo paquete de medidas económicas e sociais centránse en apoiar ás empresas e aos/ás traballadores/as reforzando, complementando e ampliando as decisións adoptadas dende a segunda semana de marzo para contrarrestar o impacto do COVID-19:

- Medidas para reducir os costes operativos das PYMES e autónomos/as.
- Medidas para reforzar a financiación empresarial.
- Medidas fiscais.
- Medidas para facilitar o axuste da economía e protexer o emprego.
- Medidas de protección aos cidadáns.
 

Máis información en "Ler máis", na web do SEPE e Facebook do SEPE.

Lun, 09/03/2020


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 46, do 9 de marzo de 2020, a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e empregabilidade.


O importe da axuda será de 400 euros para a obtenicón do permiso de conducir de clase B e 650 € para o permiso de clase C.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos, que estean empadroadas, cunha antigüidade mínima dun ano, na Comunidade Autónoma de Galicia, estar inscritar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e estar matriculadas nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

O prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 31.07.2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

Máis información chamando ao concello ou accedendo á convocatoria no seguinte enlace: convocatoria de axudas para facilitar a obtencion permisos conducion B e C.

Lun, 02/03/2020

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a Resolución do 06.02.2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2020:

- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas,  que se tramitará co código de procedemento VI422E. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 26.03.2020 ou ata o esgotamento de crédito.

- Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago, que se tramitará co código de procedemento VI408H. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 30.10.2020 ou ata o esgotamento de crédito.

- Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 10.11.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
 

Máis información en "Ler máis".

Lun, 02/03/2020


A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. En concreto, convócanse para lingua galega e castelá, inglés e matemáticas.
 

O obxectivo desta convocatoria é facilitar aos traballadores e ás traballadoras que non teñan os requisitos académicos da ESO ou bacharelato, o acceso á formación para o emprego e poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e, polo tanto, incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo.

Os/as interesados/as en participar poderán presentar a súa solicitude, segundo o modelo do anexo I da dita convocatoria, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións, ata o 20 de marzo de 2020.

As probas realizaranse o 16 de maio do 2020, en turno de mañá para el nivel 2 e pola tarde para el nivel 3. 

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou accedendo á convocatoria neste enlace "Probas de competencias clave".

Mér, 19/02/2020

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2020.

En marzo empezamos co Entroido na Festa o día sábado 22 de febreiro. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, coa mesa redonda "E tí quén ves sendo? " dirixida as alumn@s da ESO e actividades en prol da Igualdade para os alumn@s de infantil e primaria".

O 2 de marzo, charla-taller Vespa Velutina.

Xov, 06/02/2020
Entroido Mesía 2020

O concello de Mesia celebrará  a  festa de Entroido  o  sábado 22 de febreiro  no pavillón de Visantoña a partir das 16:00h.

Haberá inflables para todas as idades, toro mecánico, futbolín humano,  ludoteca para os peques , talleres…

O tradicional desfile de disfraces  con agasallos para os/as participantes.

Merendaremos chocolate e bizcoito. Esperamos a vosa participación

Xov, 30/01/2020

A Consellería de Cultura e Turismo publicou no DOG núm. 19, do 29.01.2020, a Resolución do 17 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 na modalidade presencial e de teleformación.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 19 de febreiro de 2020.

Por outro lado, informámolos/as de que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes realizará un curso preparatorio do celga 4. O curso terá unha duración  de 40 horas e será do 2 de marzo ao 27 de abril de 2020, en dúas sesións de mañá á semana, luns e xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2020.


Para máis información en "Ler máis" ou chamar ao concello ao 981 687 001.

Mér, 29/01/2020
Doa Sangue

UNIDADE MÓBIL PARA DOAR DIANTE DO CONCELLO (XANCEDA) EN HORARIO DE 10,00 A 14,00 HORAS O MÉRCORES DÍA 05 FEBREIRO, E ESE MESMO DÍA POLA TARDE DE 16,00 A 21,00 HORAS DIANTE DO BAR QUIQUE (MESÍA).

Páxinas