Noticias

Mér, 29/01/2020
Doa Sangue

UNIDADE MÓBIL PARA DOAR DIANTE DO CONCELLO (XANCEDA) EN HORARIO DE 10,00 A 14,00 HORAS O MÉRCORES DÍA 05 FEBREIRO, E ESE MESMO DÍA POLA TARDE DE 16,00 A 21,00 HORAS DIANTE DO BAR QUIQUE (MESÍA).

Lun, 27/01/2020

O Concello de Mesía adheriuse ao programa de compostaxe doméstica promovido por Sogama co fin de reciclar e recuperar in situ a materia orgánica producida nos fogares, o que, sen dúbida, supoñerá importantes beneficios ambientais, económicos e sociais para o noso municipio e, en definitiva, para a nosa veciñanza.

Sogama dotará ao concello de 25 composteiros de 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, que se distribuirán aos/ás veciños/as do municipio que o soliciten. Así mesmo tamén se lles entregará un manual explicativo que lles axudará na realización da compostaxe doméstica, propiciando así a recuperación da materia orgánica na súa orixe e obtendo compost, produto con excelentes propiedades como fertilizante.

Para ter un composteiro, os/as veciños/as terán que solicitalo chamando ao concello ao 981687001 e acudir obrigatoriamente a charla que realizarán os técnicos de Sogama o día 27 de febreiro do actual ás 17:00 h. na Casa da Cultura, Xanceda. Os composteiros repartiranse nesta charla. No caso de haber máis solicitudes que composteiros sortearanse ese mesmo día diante dos/as asistentes.

Ven, 24/01/2020
Curso de Poda

Este 18 de febreiro o concello de Mesía organiza un interesante obradoiro para saber cómo facer de xeito correcto unha boa poda así como os mellores enxertos nas especies frondosas e o mellor momento para realizar estes traballos, todo elo co obxectivo de garantir unha longa vida as máis fermosas das nosas nosas árbores.

Impartirase na Casa de Cultura

Lun, 13/01/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 3, do 07.01.2020, axudas destinadas ás empresas ao abeiro do programa 'Galicia Emprega', que ten como obxectivo impulsar a formación e contratación de mozos/as, persoas con discapacidade, mulleres e parados/as de longa duración. “Galicia Emprega” abrangue catro liñas: “Emprega Xuventude”,Emprega discapacidade e exclusión”, “Emprega Muller” e “Emprega parados de longa duración”.

 

Máis información en “Ler máis” ou chamando ao concello.

 

Mar, 24/12/2019

O Concello de Mesía, quere trasladar as máis sentidas condolencias á familia e aos achegados de Santiago Manteiga López.

A capela ardente está instalada na sala número 2 do Tanatorio Martínez en Visantoña. 

Mañá mércores día 25 de Nadal ás 17 horas celebraranse na igrexa de Divino Salvador de Xanceda os actos fúnebres.

Agradécese a colaboración prestada e o traballo realizado polos integrantes do equipo de búsqueda.

Lun, 09/12/2019


 

 

 

O Concello de Mesía presenta as actividades, eventos e saídas para este Nadal e inverno.

Poden ver o boletín completo entrando en "Ler máis".

Mér, 04/12/2019



O Concello de Mesía informa de que Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, dentro do Programa de actuación 2020 da Rede Eusumo impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego de Xunta de Galicia, convoca o Programa "Creando Mellora" .

 

Trátase dun programa formativo (teórico-práctico) no que poderán participar persoas desempregadas menores de 35 anos, tituladas e formadas na área empresarial para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas seguindo un plan de traballo establecido e co fin de elaborar un proxecto de plan de mellora na empresa, durante 6 meses e 25 horas semanais. A estadía da persoa bolseira na entidade será dende o 1 de febreiro ata o 31 de xullo de 2020. Cada persoa bolseira recibirá unha retribución bruta mensual de 675 euros.

O prazo para inscribirse remata o 16 de decembro do 2019. As persoas interesadas en candidatar como bolseiras deberán cubrir inscribirse no seguinte enlace "Formulario de Inscrición" e enviar o seu currículo á Unión de Cooperativas EspazoCoop a roberto@espazo.coop indicando á localidade á que optan.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001.

Xov, 28/11/2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG número 226 do 27 de novembro de 2019, a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80% polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
 

O prazo de inscrición rematará o 27 de decembro de 2019.
 

Para máis información pulse en "Ler máis..." e/ou chame ao concello ao teléfono 981 687 001 en horario de 8.00 a 15.00 horas.

 

Mar, 19/11/2019

"¡Non tezamos loito!" a nosa chamada a educación en igualdade, a tolerancia e o respeto.

A mellor maneira de pelexar contra a lacra da violencia de xénero.

O 25 de novembro ás 11:40 o CPI de Xanceda abriu as súas portas a comunidade para unha concentración contra a violencia de xénero e os/as alumnos/as da ESO leron un manifesto en apoio as vítimas de violencia de xénero.

Todos/as estabamos convidados/as a unirvos!

Ven, 15/11/2019

Campaña de inverno da Deputación da Coruña conta con tres prazas para o Concello de Mesía, poderán acudir rapaces/zas  de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

2ª Quenda--->do 31/01/2020 ao 03/02/2020

Inscrición:  Ata o 4 de decembro, no concello.

Páxinas