Noticias

Xov, 24/11/2016
NADAL 2016 MESIA

Presentamos actividades para todos os gustos neste Nadal 2016 no Concello de Mesía.

Teremos cuberto todo o Nadal con visitas do Paxe Real e os Reis, saídas a patinar sobre xeo e a Xuvenlugo, Xuntanza de Nadal, Torneos solidarios de fútbol sala infantil e adultos, Xornadas de cachibol,  e Obradoiros de Fimo e conservas, así como avisos de cursos para o próximo trimestre.

Lun, 21/11/2016
DIA DO CACHIBOL MESIA EN SANTA COMBA

130 xogador@s compartiron o 12 de novembro o Día do cachibol galego en Santa Comba, con equipos de Mesía, Vigo, Ourense e o propio Santa Comba.

Xogaronse varios encontros entre estes concellos, bailaron, comeron xuntos e participaron na grabación do programa Aquí Galicia da TVG.

O vídeo desta saída pode verse na páxina Facebook Deporte Concello Mesía.

O Cachibol prácticase como actividade deportiva munipal para tódas as idades, no pavillón de  Olas os lunes 16:30-18:00.

 

Mar, 15/11/2016
FUTSAL TORNEO CONTA CANCRO MESIA 2015

O IX Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase os venres 23 e 30 de decembro 2016, a partir das 20:00, dada a complicación destas datas de Nadal. Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 16 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.

Mar, 01/11/2016
BALNEARIO CONCELLO MESIA 2016

35 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas ao Balneario de Guitiriz durante catro venres do mes de outubro.

Englobado dentro do Programa "Deporte é saúde" viaxaron a Guitiriz onde a duración do tratamento no Balneario era de dúas horas, na piscina de chorros, jacuzzi, tumbonas...

Antes da Semana santa realizaránse outras saídas; a nova sairá no Boletín de Entroido 2017.

Lun, 31/10/2016
O RUEIRO

A compañía Elefante Elegante ofrecerá de balde para todos os públicos a partir de oito anos o novo espectáculo teatral do programa FalaRedes.

Será o vindeiro domingo día 6 de novembro ás 18:00 horas na Casa da cultura de Xanceda.

Máis información da obra pinchando aquí.

Lun, 31/10/2016
CATAMARÁN GROVE  MESIA

O día 15 de outubro  150 persoas de Mesía foron de excursión ás Rias Baixas.

A mañan, despois dun almorzo de camiño, visitaron en Vigo o Mercado da pedra. Tras a comida dirixíronse a Festa do marisco do Grove, e xa durante a tarde deron un paseo en catamarán e degustaron mexillóns.

Xov, 20/10/2016
PODIUM XERAL DAS I MINIAOLIMPIADAS MANCOMUNIDADE DE ORDES

O Concello de Mesía acada a terceira posición na I Miniolimpiada da Mancomunidade de Ordes gracias as campioas que representaron ao noso concello: Mª José Grobas, Gloria Iglesias e Lucía Doval. As probas de atletismo nas que obtiveron medallas foron de lanzamento, resistencia , velocidade e saltos.

Xov, 13/10/2016

Aprobar a bolsa de emprego que consta na acta da Comisión seleccionadora ordenada por puntuación obtida.

 

Ven, 30/09/2016

Ao abeiro do Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o Concello de Mesía executará a mellora de víais no proxecto denominado "Camiño Xanceda Vella e outros" cun prezo de licitación de 106.942,21 €. Esta obras son financiadas parcialmente pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Mar, 13/09/2016
CONCELLO DE MESIA

O Concello de Mesía convoca, mediante concurso-oposición, a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como traballador/a social, na modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, ante baixas, vacacións, licencias ou calquera outra circunstancia que poida dar lugar á vacante da praza ao abeiro das bases que figuran aprobadas pola Alcaldía, en data 08.09.2016, e expostas no taboleiro de anuncios municipal.

Páxinas