ANUNCIO do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Xanceda número 7138, concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido por Erimsa (clave 2016/0201).
Noticias
Ven, 14/06/2019 |
|
|
Xov, 13/06/2019 |
O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, que engloban: Escolas e campus infantís e xuvenís, obradoiros e cursos, eventos deportivos e saídas. Inscricións: Dende o 14 de xuño ata o 26 de xuño para as Escolas de Verán. |
|
Dom, 02/06/2019 |
O venres 31 de maio e o 1 de xuño 2019 celebráronse no Pavillón do CPI de Xanceda as Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais deportivas e culturais do presente curso. |
|
Ven, 31/05/2019 |
Este ano o certame de banda deseñada tivo como convidada a OLAYA NAVEIRA ILUSTRADORA, AUTORA DO CARTEL QUE ANUNCIA O CERTAME. OLAYA falou con nenos/as da E.S.O, e ademáis foi presidenta do xurado. Os premios este ano quedaron repartidos deste xeito: (Clicar en LER MÁIS) |
|
Ven, 31/05/2019 |
Mediante este evento o Concello de Mesía pode promocionar os productos ( turísticos, gastronómicos ….) máis relevantes do seu territorio . Para iso contaremos cunha carpa pequena o sábado, 22 de xuño, na Alameda de Pontedeume. Todas as empresas ou productores do Concello que queiran deixar folletos , productos … para a súa promoción están convidados a facelo. Necesitamos saber canto antes as empresas que queren participar para elo anotadevos chamando o concello 981687001 ( ext. 3, Cultura ) |
|
Lun, 27/05/2019 |
Listaxe definitiva de admitidos e convocatoria dos aspirantes e dos membros do tribunal cualificador para a realización do exame que terá lugar o mércores 29 de maio de 2019 ás 09:00 horas na Casa Consistorial sita en Xanceda. Con posterioridade os membros do tribunal cualificador avaliarán a documentación da fase de concurso.
|
|
Lun, 27/05/2019 |
As Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do 2018-19 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda. O venres 31 de maio as 21:30 será o turno para que os adultos e maiores fagan exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos. O sábado 1 de xuño as 11:00 comezarán as exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda. |
|
Xov, 16/05/2019 |
Proceso selectivo para a contratación temporal de 3 traballadores/as no Concello das Mesía a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos) da Deputación da Coruña. As prazas corresponden a tres peóns. Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral. Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.
|
|
Ven, 10/05/2019 |
Aberto prazo para anotarse la Campaña de Vela 2019 PARTICIPANTES: Rapaces/zas de 9 a 18 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña. É imprescindible que saiban nadar. Con prioridade para os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela DURACIÓN DO CURSO: 1 SEMANA, DE LUNS A VENRES, EN SEIS QUENDAS. INFORMACIÓN: Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña Tel.: 981 08 06 44 |
|
Mér, 08/05/2019 |
Aberto o prazo para inscricións nos campamentos deportivos DE VERÁN 2019 no Centro CALVO SOTELO de A Coruña. PARTICIPANTES: Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña. LUGAR: Centro Calvo Sotelo. Rúa Archer Milton Huntington, 24. (Concello da Coruña). INCLÚE por 85 €: transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »