Noticias

Ven, 31/05/2019
II EDICIÓN DE "PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS"

Mediante este evento o Concello de Mesía pode promocionar  os  productos ( turísticos, gastronómicos ….) máis relevantes do seu territorio . Para iso contaremos cunha carpa pequena o sábado, 22 de xuño, na Alameda de Pontedeume.

Todas as empresas ou productores  do Concello  que queiran deixar folletos , productos … para a súa promoción están convidados a facelo.

Necesitamos saber canto antes  as empresas que queren participar para elo anotadevos chamando  o concello  981687001 ( ext. 3, Cultura )   

Lun, 27/05/2019

Listaxe definitiva de admitidos e convocatoria dos aspirantes e dos membros do tribunal cualificador para a realización do exame que terá lugar o mércores 29 de maio de 2019 ás 09:00 horas na Casa Consistorial sita en Xanceda.

Con posterioridade os membros do tribunal cualificador avaliarán a documentación da fase de concurso.

 

Ver a oferta de emprego.

 

Lun, 27/05/2019
Festa clausura actividades CONCELLO DE MESIA 2019

As Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do 2018-19 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda.

O venres 31  de maio  as 21:30 será o turno para que os adultos e maiores fagan exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.

O sábado 1 de xuño as 11:00 comezarán as exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda.

Xov, 16/05/2019

Proceso selectivo para a contratación temporal de 3 traballadores/as no Concello das Mesía a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos) da Deputación da Coruña.

As prazas corresponden a tres peóns.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral.

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

 

Ven, 10/05/2019
CAMPAÑA VELA 2019

Aberto prazo para anotarse la Campaña de Vela 2019

PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 18 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña.

É imprescindible que saiban nadar.

Con prioridade para os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela

DURACIÓN DO CURSO: 1 SEMANA, DE LUNS A VENRES, EN SEIS QUENDAS.

INFORMACIÓN:

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña

Tel.: 981 08 06 44

www.dacoruna.gal/deportes.

Mér, 08/05/2019
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019

Aberto o prazo para inscricións nos campamentos deportivos DE VERÁN 2019 no Centro CALVO SOTELO de A Coruña.

PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña.

LUGAR:

Centro Calvo Sotelo. Rúa Archer Milton Huntington, 24.

(Concello da Coruña).

INCLÚE por 85 €:

transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

Xov, 25/04/2019
Campamentos de Verán

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019. Estas actividades están dirixidas a rapazes/as dende 9 ata 17 anos cumplidos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019.

Adxuntamos información do servizos ofertados e inscrición en Ler máis>>

 

 

Mér, 10/04/2019
ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Dentro do  Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local  da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP). Está dirixido a xoves de ata 30 anos.

O prazo de inscrición péchase o próximo MARTES 30 DE ABRIL ás 14:00 horas.

Adxuntamos  información do proxecto, e folla de inscrición en LEER MAIS

Mér, 20/03/2019
AUGA QUE NON AS DE BEBER MESIA 2019

DEBIDO A CAUSAS ALLEAS AO CONCELLO VÉMONOS OBRIGADOS A SUSPENDER A OBRA DE TEATRO “EU QUERÍAME CASARE “ PREVISTA PARA O 29 DE MARZO.

POLA CONTRA TEREMOS OUTRA PROPOSTA PARA ESE DÍA: A NOVA PROPOSTA SERÁ “AUGA QUE NON AS DE BEBER”  DE FANTOCHES BAJ .

Deixamosvos aquí toda a información sobre a obra para que vos animedes a vir lembrade que as prazas son limitadas e que debedes anotarvos na casa da cultura aqueles que ainda no fixestes.

Lun, 11/03/2019
MESA REDONDA MESIA 2019

Este ano comezamos ca difusión da Campaña, ca colaboración do CPI de Xanceda e das unitarias de Olas e Visantoña, no centro escolar CPI Xanceda:

e máis unha concentración aberta no mesmo o día 7 de marzo, tamén xogaron na Ximcana, e escoitaron e participaron na mesa redonda de 6 mulleres do entorno de Mesía como amosan as imáxes.

As actividades foron:

Mesa da muller: ¿e ti quen vés sendo?

     6 Mulleres relacionadas con Mesía contáronnos as súas experiencias dende distintos ámbitos.

Páxinas