Noticias

Mér, 05/12/2018
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

Presentámosvos dende o Concello de Mesía,  a UNDÉCIMA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONTRA O CÁNCRO que comezamos xa no 2008 ano transmitido a nosa solidariedade a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC).

A recadación que se acadou gracias á colaboración e patrocino de empresas do Concello,tamén gracias as inscrición dos equipos, a venta de rifas, a doazóns de particulares, etc; en total a recadación NA PASADA EDICIÓN FOI DE 3.178 €.

O XI Torneo Mesía contra o cáncro xogarase o sábado 29 de decembro 2018 no pavillón de Olas.

Mar, 04/12/2018
PRÁCTICAS EN EMPRESAS

A Deputación Provincial da Coruña no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local está a programar o ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA.

Mar, 27/11/2018
RESUMO BOLETÍN NADAL MESIA 2018 19

Presentamos as actividades, eventos e saídas para este Nadal e inverno no Concello de Mesía.

Adxuntamos entrando en LER MÁIS o Boletín completo e carteles de eventos variados.

 

Lun, 05/11/2018

Listaxe provisional ao posto de persoal do Obradoiro de emprego " Brañas do Illo-Río Samo" . Mestre/a da Especialidade

Concédese o prazo de dous día a partir da data de publicación deste anuncio para presentar reclamacións.

As reclamacións presentaranse no rexistro do concello de Ordes e dirixidas a comisión de selección do Obradoiro

Se non houbera ou houbese reclamacións as puntuacións indicadas consideraranse definitivas

O/A aspirante seleccionado/a será chamado/a polo concello para proceder a súa contratación.

Ven, 26/10/2018

Listaxe definitiva aos postos de alumno-traballador e puntuacións definitivas dos candidatos a persoal do Obradoiro de Emprego “Brañas do Illo-Río Samo”

Mér, 24/10/2018
AXUDA Á MOCIDADE PARA VIVENDA

O Instituto galego da vivenda e solo convoca axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes.

Os beneficiarios serán mozos/as de 18 ata 35 anos. O prazo para solicitar a axuda estará aberto ata o 16 de novembro.

Lun, 22/10/2018

Listaxe provisional aos postos de Alumno-Traballador do Obradoiro de Emprego "Brañas do Illo-Río Samo"

Concédese o prazo de dous días a partires da data da publicación deste Anuncio para presentar reclamacións. 

As reclamacións a listaxe provisional presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes dirixidas á Comisión de Selección do Obradoiro "Brañas do Illo-Río Samo".

Se non houbera reclamacións as puntuacións, estas consideraránse definitivas.

Mér, 17/10/2018

Listaxe provisional aos postos de persoal do Obradoiro de Emprego "Brañas do Illo-Río Samo"

Concédese o prazo de dous días a partires da data da publicación deste Anuncio para presentar reclamacións. 

As reclamacións a listaxe provisional presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes dirixidas á Comisión de Selección do Obradoiro "Brañas do Illo-Río Samo".

Se non houbera reclamacións as puntuacións, estas consideraránse definitivas.

Mar, 16/10/2018
“A BIBLIOTECA MÁXICA” NA CASA DA CULTURA

Este sábado 20 de outubro, ás 17:00, a Casa da Cultura do Concello de Mesía acollerá un espectáculo de teatro, música e maxia dirixida a un público familiar.

O aforo está limitado, polo que se queres asegurarte a praza, e desfrutar deste espectáculo da Compañía Paiaso Piruleta, podes chamar ao teléfono 981687241 para anotarte a ti a e túa familia ou amizades.

Páxinas