Noticias

Dom, 17/09/2023
DÍPTICO ACTIVIDADES MUNICIPAIS 23 24 Concello de Mesía

Presentamos as actividades municipais para este curso 2023 - 2024.

O prazo de inscricións será do 20 ao 27 de setembro, para ver se formamos os grupos propostos. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos!).

Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 2 de outubro 2022 e rematarán en maio/xuño 2024. Avisaremos solo se algunha actividade NON empezara.

Ven, 25/08/2023
MESÍA ACTIVA - Colabora Concello de Mesía

O sábado, 9 de setembro, no marco do programa 'Terra Activa', terá lugar a celebración de Mesía Activa, no Concello Mesía.

15:00 h: Roteiro teatral da man da Asociación Raíña Paraíso, en grupos, a xente irá pasando e desfrutando de distintas representacións curtas que nos levarán a época dos nosos avós, o roteiro irá do Vilar á Raiña na parroquia de Cabrui ( un bus levará o inicio do roteiro a cada grupo).

A partir das 17:00 h. O campo da Raiña acollerá xogos e obradoiros para grandes e pequenos.

Ás 21:00 horas, teremos cea campestre (filloas, lacón, queixo..).

INSCRICIÓN : clicar en  Ler máis

Colabora Concello de Mesía

Sáb, 12/08/2023
HORARIO

O CONCELLO DE MESÍA INFORMA:

A PARTIR DO LÚNS 14 DE AGOSTO O HORARIO DE APERTURA DA PISCINA GRANDE DE LUNS A XOVES PASA A SER ÁS 14:00 H.  (agás o 15 de agosto que será ás 12:00 h.)            

Desculpen as molestias

Sáb, 05/08/2023
CADROS DO XIII TORNEO DE TENIS  CONCELLO DE MESÍA 2023

Adxuntamos os cadros de competición das categorías feminina e masculina deste Torneo.

Participarán 9 deportistas durante o mes de agosto en varias fases. As finais xogaranse na mañan do saábdo 26 de agosto.

Actualizaremos os resultados e evolucion deste evento no apartado ACTIVIDADES desta web.

Lun, 31/07/2023
XIII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2023

O prazo de inscrición para o XIII Torneo de tenis remata o 3 de agosto, enviando un mail ca Folla de inscrición ao mail actividades@concellodemesia.gal

Queremos retomar o noso Torneo de tenis non profesional organizado polo Concello de Mesía, que se xogará nas pistas de Xanceda nas categorías que se inscriban: individual feminina e masculina, e dobres mixto ou non.
No web (sección Actividades) faremos seguemento do Cadro, resultados e Imaxes do Evento.

Mar, 25/07/2023
ANDAINA POPULAR 2023 - Concello de Mesía

O sábado 22 de xullo celebramos con 70 persoas a Andaina popular de 5 quilómetros no entorno de Hospital de Bruma, así coma un percorrido alternativo de 3 K para nenos e nenas que viñeron con bicis e carritos. Ao rematar fixemos as Carreiras de menores cun circuito de axilidade. A metade dos deportistas quedaron a comer en CASA GRAÑA, colaboradora do evento. Repartíronse augas, unha bolsa de agasallo e ademáis medallas para nenos e nenas.

Dom, 16/07/2023
ANDAINA 2023 - Concello de Mesía

Este evento organizase como novidade para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular.

PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 19 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.)

A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 4-5 kms as 10:30h arredor de Bruma. Tras a chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira no hórreo de Casa Graña, colaborador principal desta 1ª edición.

Precisamente o escenario deste evento deportivo será a Explanada de Casa Graña; onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 € (de 13 anos en adiante) e de 10€ (7-12 anos).

Mér, 12/07/2023
TORNEO INTERPARROQUIAL 2023: CADRO DE COMPETICIÓN

O Torneo deste ano será o domingo 16 de xullo en categoría senior e máis de 16 anos. Comeza as 16h e remata as 19:30, ca entrega de trofeos. 

CARACTERÍSTICAS DO TORNEO:

Os partidos de F11 serán de 30 minutos (sen descanso).
Cada equipo xogará 3 partidos.
Sistema competición: Liga (Penaltis solo si hay empate neses partidos).

Cada equipo recibirá augas antes de cada encontro, e os 2 primeiros clasificados acadarán Trofeo.

Mar, 11/07/2023

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social e Xuventude publicou no DOG núm.  126 do 04/07/2023 a ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. 

Estas axudas están dirixidas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia  de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares,  que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro  de 2023.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o 15/09/2023.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 07/07/2023



O Concello de Mesía no día de hoxe, 07/07/2023, publica na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal o Decreto de Alcaldía polo que se aproban as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2023-2024.


matrícula farase do 10 ao 28 de xullo do actual, ambos os dous incluídos, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello a documentación establecida no artigo 8.3. do Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia “Os Camiños” xunto coa aceptación da praza (Anexo III).

A non presentación da dita documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas