Noticias

Lun, 20/11/2017
MESIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2017

Presentámosvos a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero #nonmeenredes.

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o próximo 25 de novembro, visibilizamos a presenza da violencia de xénero nas redes sociais.

O lema #nonmeenredes pretende ser un berro reivindicativo das mulleres da comarca para que ninguén exerza a violencia a través de Internet, e que esa violencia teña cada vez menos espazos para existir na sociedade.

Ven, 17/11/2017
Edito Exposición Pública Proxecto de Explotación

No taboleiro de anuncios do Concello de Mesía, está exposto ao Público, ata o 12.12.2017, o edicto da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia,  polo que publica a Resolución do 6 de novembro de 2017 pola que somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental, o documento de síntese e o estudo de integración paisaxística da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Frades fracción 2ª segregación 1ª,

Mér, 15/11/2017
BALNEARIO MESIA 2017

Corenta persoas do Concello de Mesía aproveitaron o Programa Deporte e Saúde nas catro saídas ao Balneario de Brión durante o meses de outubro e novembro.

O Concello subvencionou o autobús e parte das entradas para estas xornadas de saúde no Club Termal, que contou con piscinas de chorros, contracorrientes, camas de burbullas, jacuzzi, dúas saunas, un baño de vapor, ducha bitérmica e de aromas, escarcha de xeo aromatizada, sala de relax con mármores quentes, circuito circulatorio de piernas e zona de repouso.

Mér, 15/11/2017
CURSO EXAMEN ESO ADULTOS MESIA 2017

O Concello de Mesía organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse no mes de xaneiro de 2018.  As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello ata o 8 de xaneiro de 2018.

 

Xov, 02/11/2017
saida 21 outubro Mesia 2017

O 21 de outubro, 150 persoas participaron da excursión organizada por Servizos sociais do Concello de Mesía.

Percorreron Vilanova de Cerveira e visita ó feirón típico desta vila. Despois de xantar fixeron Parada en Combarro (Pontevedra), onde navegaron nun percorrido en catamarán desfrutando da vista da ría de Pontevedra, Marín e a Illa de Tambo.

Mér, 11/10/2017
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR MESIA 2017- 2018

O Concello de Mesía publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 184, o día 27.09.2017, a convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2017-2018 para estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello e para os que teñan que desprazarse diariamente. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, …).

Máis información dos requisitos no documento que adxuntamos.

 

Ven, 06/10/2017
REFORMA 17

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), adscrito á Consellería de Economía, Traballo e Industria da Xunta de Galicia, a través do Programa Reforma 17 concederá axudas a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

As axudas solicitaranse directamente no establecemento adherido ao dito programa.
O prazo para solicitar as axudas comezará o 11 de outubro do actual.

Mér, 04/10/2017
PORTAS ABERTAS VEREA MESÍA

Informámolos de que Cerámica Verea, que está de 50 aniversario, celebrará o sábado 21 de outubro do actual unha xornada de portas abertas.

As visitas están dirixidas a todo o público que queira coñecer o proceso moderno de elaboración de tella cerámica. Horarios de mañá e de tarde. Prazas limitadas.

Para confirmar asistencia poden chamar a Cerámica Verea, ao 981 687 053, indicando en que horario prefiren asistir.

Máis información no cartel adxunto.

Mér, 27/09/2017
EMPREGO E FORMACIÓN CONCELLO DE MESÍA

No día de hoxe entrou en funcionamento na nosa páxina web a sección denominada “EMPREGO E FORMACIÓN” dentro do apartado SERVIZOS.

Con esta páxina preténdese proporcionar ás persoas interesadas información que lles sexa útil para facilitarlles o seu desenvolvemento profesional e social e a súa inserción laboral no mercado laboral.

Mar, 26/09/2017
CHARLA LUZ MESÍA 2017

O  4 de outubro ás 16:00, o INEGA (Instituto de Enerxía de Galicia) xunto co IGC (Instituto Galego de Consumo) ofrecerán unha charla informativa na Casa de Cultura do Concello de Mesía, onde darán as pautas para conseguir un maior aforro na factura da luz e tamén nos axudarán a comprender o seu contido.

Páxinas