Noticias

Mar, 26/09/2017
MÓVETE MESIA 2017 2018

Aínda quedan uns días para anotarse nas actividades deportivas e culturais que o Concello de Mesía presenta para este curso 2017 - 2018.

Dentro da programación de actividades pode atoparse unha oferta variada e adaptada a todos os gustos e idades. VER BOLETÍN ACTIVIDADES

Mér, 20/09/2017
EXCURSION MESIA 2017

O 21 de Outubro faremos unha excursión por Portugal e a Ría de Pontevedra. Podense anotar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía ata o 13 de outubro incluído (para máis información chamar ó 981.68.72.38). O Prezo é de 25€ por persoa que se recollerán no momento de anotarse. 28 € para os non censados. Máis información: pinchando el LER MÁIS.

Lun, 18/09/2017
XORNADA AGRICULTURA ECOLÓXICA MESIA 2017

Esta xornada gratuita do 29 de setembro de 11:00 a 14:00 horas, na Casa da cultura de Xanceda, está dirixida a persoas desempregadas, emprendedoras, institucións públicas ou privadas e calquera persoa en xeral. A temática da xornada xirará en torno a agricultura ecolóxica.

Lun, 18/09/2017
CURSO EN LIÑA COOPERATIVISMO MANCOMINIDADE ORDES

A Oficina de Fomento ao Cooperativismo pon en coñecemento a próxima posta en marcha dos cursos en liña de Emprendemento cooperativo e Xestión de cooperativas. Os cursos serán de balde e o prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de setembro. Están dirixidos a persoas desempregadas, emprendedoras e a traballadores e persoal relacionados co eido laboral

Ven, 15/09/2017
dnielectronico

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes o vindeiro mes de outubro.

Haberá que solicitar cita previa a través do teléfono 981 680 002.

Xov, 14/09/2017
MTL MESIA 2017

Este semana rematou a formación teórico - práctica do CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE, que se estivo a desenvolver na Casa de Cultura durante  o mes de agosto.

Este curso intensivo, está encadrado dentro da programación da REDE MESIA XOVE, e foron moitas as persoas que se puideron beneficiar desta formación gratuíta coa que obterán a titulación de Monitor/a de Tempo Libre da Dirección Xeral de Xuventude.

Con este curso poderán desenvolver o seu traballo en actividades no tempo  libre enludotecas, campamentos, extraescolares, asociacións, entre outros.

Dom, 10/09/2017
FESTA FIN CURSO MESIA 17

Presentámosvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2017 - 2018.

Entrando na noticia veredes o boletín das actividades e avisamos que o mércores 13 de setembro abrimos o prazo de inscricións.

Mar, 05/09/2017
DOUS NO CAMINO 2017 MESIA

O domingo 10 de setembro ás 20:00h chega a Mesía a obra “Dous no camino” interpretada por Isabel Risco e Fran Rei, da man do Programa “Vive o Camiño” que a  Xunta de Galicia está a desenvolver en Concellos do Camiño Inglés e do Camiño de Fisterra-Muxía.

Lugar: Praza do Concello, Xanceda

Ven, 01/09/2017
INFOR BANDOS

En Ler máis tedes acceso aos bandos publicados no Concello de Mesía.

Mér, 30/08/2017
HOMENAXE DEPORTISTAS MESIA 2017

O Concello de Mesía recoñeceu os méritos de catro deportistas mesienses que acadaron premios a nivel autonómico e nacional: Gloria Iglesias Grobas, Paula pérez López, Lucía Doval Sánchez e Maria José Grobas Garaboa foron as homenaxeadas.

En "ler mais" tedes un resumo de todos os logros acadados por estas Excelentes deportistas, así coma imaxes.

Páxinas