Noticias

Mar, 26/04/2022
RUTA FERVENZA DAS HORTAS (TOURO) Grupo sendeirismo Concello Mesía

Deixamos imaxes da saída deste domingo 27 de abril a RUTA FERVENZA DAS HORTAS (TOURO) co grupo de sendeirismo do Concello de Mesía.

Sairon en bus as 9 de Xanceda 27 sendeiristas con idades comprendidas entre 7 e 80 anos. Fixeron unha ruta de 13 quilómetros polo entorno do Encoro de Portodemouros, o río Ulla e finalizaron la Fervenza das Hortas.  Para repoñer forzas achegáronse a comer a un restaurante en Arzúa.

Xov, 21/04/2022

A Deputación da Coruña abre o prazo para que inscribirse nos campamentos deportivos que a institución vai levar durante o verán.


A proposta está dirixida á mocidade de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xuño e xullo no IES Rosalía Mera da Deputación, na cidade da Coruña, en cinco quendas de seis días de duración. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención, así coma o gasto das actividades.

Durante as xornadas de campamento, a rapazada participante poderá gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, excursións á praia e visitas culturais, deportivas e etnográficas en zonas de interese na provincia da Coruña. As actividades e xogos buscarán en todo momento fomentar a comunicación, o intercambio de experiencia, a convivencia e o respecto polos demais.


Ao Concello de Mesía correspóndelle a 2ª quenda, do 3 ao 8 de xullo, e a Deputación Provincial da Coruña concedeunos 3 prazas.

As inscricións realizaranse no concello de empadroamento e estarán abertas ata o 20 de maio.


Máis información en "Ler máis".

 

Mar, 19/04/2022
DOMINGO 24 ABRIL: RUTA SENDEIRISMO POR TOURO

Últimas prazas para acudir a primeira RUTA DE SENDEIRISMO do 2022.

Retomamos así as nosas Andainas saudables ca ruta de 13 quilómetros as beiras do Río Ulla e do Encoro de Portodemouros.

Saída: Praza de Xanceda ás 9 h.

Regreso  Tras comida  en zona da ruta, sobre as 18 h.

Prezo: Coste da comida sobre 15 € (a pagar no bus).

Coste do bus subvencionado polo concello.

Inscricións ata 19 de abril na Casa da Cultura: 981 687 241.

Recomendamos roupa e calzado cómodo, así coma mochila con "reposto" por se chove.

 

Mér, 06/04/2022

O concurso "Cóntano ELAS" resolveuse con dúas gañadoras. Dous primeiros premios para Adriana García Cruz e Lucía Manteiga Garcia que fixeron protagonistas ás súas avoas:  a avoa Marisa e a avoa Carmen. Elas son as mulleres ás que fan referencia nos seus relatos. Para Elas é a homenaxe das súas netas.

As agraciadas terán como premio unha tablet, para cada unha, que lles serán entregadas no CPI de Xanceda onde cursan estudos.

O Concello agradece a colaboración da responsable de Dinamización Lingüística e da responsable da Biblioteca, ambas profes do CPI de Xanceda, así coma da axente de igualdade do CIM da Mancomunidade de Ordes.

Para poder ler os relatos pulsar en "Ler máis".

Mér, 30/03/2022
CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN - Concello de Mesía 2022

Na semana santa contaremos co campamento de conciliación para que os pais/nais poidan deixar os seus peques mentras traballan.

Na programación teremos:  xogos, obradoiros, bailes , contacontos… todo para pasar unha mañá amena e divertida!

As prazas son limitadas e  podedes anotarvos ata o día 4 de abril.

Haberá campamento os días 11, 12 ,13 ,18 de abril de 2022  en horario de 09:30 a 14:00 horas.

Sáb, 12/03/2022
NOVAS PRIMAVERA 2022 - Concello de Mesía

Presentamos as actividades para esta Primavera no concello.

Podedes anotarvos a programación da muller, de semana santa, excursión, saídas de sendeirismo e balneario, etc, así coma ver os avisos e obras que sucederán nas próximas datas.

Animádevos a participar e ir saíndo. Agardámosvos!!

Lun, 07/03/2022
AHORRO ENERGÉTICO ALUMBRADO PÚBLICO

El Concello de Mesía ejecuta el proyecto de “Actuaciones de ahorro energético en los alumbrados públicos del Concello de Mesía”, acogido a la línea de ayudas formuladas  en  el  contexto  del  Real  Decreto  616/2017,  de  16  de  junio,  por  el que se regula la concesión directa de subvenciones a proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del Programa Operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020 (B.O.E. nº 144, de 17 de junio de 2017).

Más información en "Ler más".

Lun, 07/03/2022
ACTIVIDADES 8 M - DÍA DA MULLER CONCELLO DE MESÍA

PROGRAMACIÓN 8M: día internacional da muller.

E TI QUÉN VES SENDO? Este ano decidimos resaltar o papel dalgunha das mulleres que destacaron na historia polo que pensaron e fixeron cun Reparto de bolsas con frases de mulleres destacadas.

CONCURSO: CÓNTANO ELAS: Queremos que nos contedes a historia de moitas que nos rodean participando neste concurso. CLICANDO Aquí tedes as BASES.

TALLER DE CORRESPONSABILIDADE DE COCIÑA: 18 marzo e 2 abril.

DOCUMENTAL "NEGRO PÚRPURA". 11 marzo na Casa da cultura. Historas das nosas mulleres das directoras Adriana e Sabela en #NegroPúrpura .

SAÍDA MULLER EMPRENDEDORA: 26 marzo a Vilalba.

Xov, 03/03/2022
ENTROIDO  CONCELLO DE MESÍA  2022

Voltamos a nosa festa de entroido con éxito de participación no CPI de Xanceda o sábado de entroido 26 de febreiro.

Desfrutamos de chocolatada, inflables, karts, varios talleres, fotomatón e desfile con moitos disfraces e agasallos.

Qué ben que xa podemos ir de festa!!

Tedes máis Fotos no facebook do concello.  E tamén nesta LIGAZÓN.

Mér, 02/03/2022
PUNTO LIMPO MÓBIL_FRADES-MESIA


Os concellos de Frades e Mesía xa contan co camión do punto limpo que entrará en funcionamento proximamente e irá rotando por todas as parroquias dos dous concellos, onde se poderá reciclar todo tipo de residuos. Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Páxinas