Noticias

Dom, 05/03/2017
GALA PATIN MESIA 2017

O pavillón de Olas encheuse para a nosa Gala de Patinaxe 2017 de 170 patinadores-as e máis de 300 persoas no público; que participaron desta festa de bailes disfrazados con patíns con participantes das Escolas deportivas de Boimorto, Curtis e Mesía, asi coma do Club Patín Oroso.

Mér, 01/03/2017
CARTEL PATIN MESIA 2017

O sábado 4 de marzo pecharemos as festas do Entroido cunha GALA DE PATINAXE INTERMUNICIPAL organizada polo Concello de Mesía, na que participan as Escolas deportivas municipais de patinaxe dos Concellos de Boimorto, Curtis, Mesía e Oroso.

Sáb, 25/02/2017
ENTROIDO MESIA 2017

O sábado 25 celebrouse no Pavillón de Visantoña a Festa de Entroido 2017 do CONCELLO de Mesía.

Os máis de 300 asistentes de todas as idades desfrutaron de talleres, inflables, desfile de disfraces con agasallos e chocolatada.

Poden ver imaxes no Facebook Deporte Mesia

Mar, 21/02/2017
AXUDAS A EMPRENDEDORES E EMPRESAS

O Concello de Mesía informa que se abriu o prazo para as axudas para o fomento da iniciativa empresarial e para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pemes e micropemes.

Lun, 20/02/2017
FESTA DE ENTROIDO MESIA 2017

O 25 de febreiro ás 16:00 temos unha cita no Polideportivo de Visantoña na Festa de Entroido CONCELLO DE MESÍA 2017, onde haberá todo tipo de entretementos: inflables, talleres, merenda e moito máis.

E recorda, se ves disfrado/a e participas no desfile, recibirás un agasallo! 

Sáb, 18/02/2017

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ten previsto a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:

AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)

Xov, 02/02/2017
PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

Publicada a convocatoria da Xunta de Galicia para a concesión de subvencións relativas ao Plan Renove de Fiestras 2017.

Mér, 01/02/2017
DOA SANGUE MESIA 2017

O Xoves, 9 de febreiro estará unha unidade de doazón de sangue na Praza do Concello en Xanceda (10:00-14:00 h), e diante do Bar Quique en Mesía (16:00-21.00 h).

Ven, 20/01/2017
AXUDA A EMPRENDEDORES E EMPRESAS

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña publicou as bases reguladoras da convocatoria de:  axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre os xóvenes emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio (Liña 2. PEL-EMPRENDE); a do programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas (Liña 3. PEL-PEMES).

Ven, 20/01/2017
RECOÑECEMENTO CUALIFICACIONS 2017

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia abriu o prazo para participar no procedemento de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en diversas unidades de competencia.

Páxinas