Noticias

Mar, 17/01/2017
FITOSANITARIOS MESIA 2017

Este sábado comezou un novo Curso de Aplicador/Manipulador de Productos Fitosanitarios. Con esta edición, o total de persoas formadas na Casa da Cultura xa suma case o centenar de persoas.  O Carné de nivel básico de aplicador de Productos Fitosanitarios está regulado pola Orde 14 de abril de 2009, na que se recollen os casos nos que é necesario obtelo.

Lun, 16/01/2017
CONSERVAS MESIA 2017

A Casa da Cultura acolleu unha nova edición do Programa Ecobaúl, esta vez cun obradoiro de conservas. Nesta xornada as persoas participantes puideron aprender diferentes técnicas para preparar e conservar os alimentos como verduras, carnes e pescados.

Dom, 08/01/2017
CAMPAÑA ESQUI MESIA 2017

O Concello de Mesía dispón de 3 prazas para ir á ESTACIÓN INVERNAL DE LEITARIEGOS na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017” da Deputación da Coruña, dende o 19 ó 24 de marzo 2017, por 95 €.

Ven, 06/01/2017
REIS MAGOS MESIA 2017

250 nen@s, acompañados por adultos, recibiron aos Reis Magos no Polideportivo de Visantoña cunha festa con inflables, talleres, futbolín xigante, agasallos, chocolatada e roscón de reis.

Mér, 04/01/2017
PATIN XEO MESIA 2016

200 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas programadas para o Nadal 2016: ao Cine e Patín xeo no Marineda en Decembro, e Parque Xuvenlugo o 3 de xaneiro.

Dom, 01/01/2017
ENTREGA DONATIVO MESIA 2016 AECC

Os Torneos solidarios desputados o 30 de decembro 2016 foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía.

Recolléronse 250 kgs de productos para CÁRITAS da comarca, e 442€ para a Asociación AMARAI no II Torneo infantil.

E no IX Torneo Mesía contra o cáncro 2016 recadáronse 2.787€ para a AECC na loita contra o cáncro.

Xov, 29/12/2016
colaboradores torneo contra o cancro 2016

O venres 30 de decembro a partir das 16:30 dase cita no Polideportivo de Olas a solidariedade. Xogaráse o II Torneo infantil de fútbol sala con 5 equipos de categorías base, co fin de recoller alimentos para CÁRITAS e de cartos a favor de AMARAI de Boimorto. As semifinais e finais do IX Torneo Mesía contra o cáncro, xa con 8 equipos, serán a partir das 20:00 para recadar cartos para a loita contra o cáncro.

Mér, 21/12/2016
Cartel infantil Mesia solidaria 2016

O venres 30 de decembro, en horario por concretar, xogarase no Pavillón de Olas a seguda edición do Torneo Infantil de fútbol sala "Mesía solidaria". Este Torneo solidario de fútbol sala organizao novamente o Concello de Mesía para recadar ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS (para Cáritas da Comarca) e cartos a favor da ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, AMARAI, de Boimorto.

Lun, 19/12/2016
CARTEL IX TORNEO MCC 2016

Presentamos o cadro de competición da novena edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA"MESÍA CONTRA O CÁNCRO".

Dende o Concello organizamos este evento novamente para recadar cartos para a loita contra o cáncro por medio da AECC (Asociación Española contra el cáncer).

As empresas e particulares que desexen facer algunha aportación, teñen o furna xa no Concello.

A continuación poden observar como queda o cadro de copetición deste ano.

Xov, 24/11/2016
NADAL 2016 MESIA

Presentamos actividades para todos os gustos neste Nadal 2016 no Concello de Mesía.

Teremos cuberto todo o Nadal con visitas do Paxe Real e os Reis, saídas a patinar sobre xeo e a Xuvenlugo, Xuntanza de Nadal, Torneos solidarios de fútbol sala infantil e adultos, Xornadas de cachibol,  e Obradoiros de Fimo e conservas, así como avisos de cursos para o próximo trimestre.

Páxinas