Noticias

Lun, 25/04/2016
logo xuventude

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos e campos de traballo para xuventude ca Campaña de verán organizada pola Consellería de política social da Xunta. Esta campaña está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Neste enlace pódese acceder a información e formularios de inscrición para os citados campamentos:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

 

Lun, 25/04/2016
ROTEIRO RÍO MERCURIN

A Concellería de deportes do Concello de Mesía cambiou, por mor do tempo, para o sabado 7 de maio ás 9:30 a ruta de sendeirismo, chámada ROTEIRO DO RÍO MERCURÍN.

Mér, 13/04/2016
TEATRO MENCIÑEIRO MESIA

As Asociacións Culturais da zona do Concello de Mesía organizan para o domingo 8 de maio unha sesión de Teatro ás 18:00 no CIP de Lanzá.

A entrada será libre e gratuíta.

A obra de teatro "O menciñeiro á forza", de Xosé Manuel Carballo, será representada polo grupo OS BALUROS de Castro de Rei.

Xov, 07/04/2016
PRAIS DAS CATEDRAIS

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía organiza para o sábado 30 de abril unha excursión pola Mariña Lucense cun prezo de 25€ por persoa que se recollerán no momento de anotarse (28 € para os non censados).

Mar, 15/03/2016
SEMANA SANTA 2016

Lembramos as actividades de Semana Santa do Concello de Mesía: o lunes 21 Sáida as Piscinas de Aceadama e ao cine, o martes 22 Baile e Multideporte , e o sábado 26 Obradoiro de xabóns naturais.

Xov, 10/03/2016
CARTEL AMIGOS

Vente connosco ao teatro Colón! Veremos  a obra "AMIGOS”. Unha comedia que conta con actores como Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor.

Á saída do teatro haberá tempo libre para tomar algo pola zona.

Iremos o sábado 19 de marzo saíndo ás 19:00 da Casa da Cultura. O prezo é de 11,50 €; o autobús e parte da entrada está subvencionada polo Concello.

Xov, 03/03/2016
Cartel de primavera

O Concello de Mesía promove actividades para esta primavera que engloban actividades que conmemoran o día da Muller, actividades para xuventude, infantís, saídas, obradoiros, teatro, etc.

Mér, 02/03/2016
FOTO MULLER

Presentamos o manifesto da Mancomunidade de Ordes para o 8 DE MARZO DE 2016: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e apoiamos a elaboración dun mosaico fotográfico na campaña do CIM pola igualdade de xénero.

Xov, 25/02/2016
REHABILITACION DE VIVENDA

O 1 de marzo as 17:00 horas no albergue de peregrinos Hospital de Bruma haberá unha xornada informativa sobre axudas a rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago.

Mér, 24/02/2016
TARXETA BENVIDA 2016

Aviso para familias con fillos/as nados no ano 2016:

Pódese solicitar nos Servizos sociais do Concello unha axuda económica de 100 € ao mes durante o primeiro ano de vida dos citados fillos/as a través da Tarxeta Benvida.

 

Páxinas