O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 18 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2014-2015. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade.
Pode consultar aquí a programación e descargar aquí a folla de inscrición. Non se admiten anotacións por teléfono. Máis información en 'ler máis'.
Noticias
Xov, 18/09/2014 |
|
|
Mér, 17/09/2014 |
O albergue de peregrinos de Mesía, situado en Hospital de Bruma, recibiu hoxe a peregrinación de directivos da International National Trusts Organisation (INTO), unha entidade con presenza en 68 estados e uns sete millóns de socios. A visita, na que os acompaña o colectivo Tesouros de Galicia, integrante da INTO, ten a intención de promover o Camiño Inglés por todo o mundo. O Concello de Mesía, representado pola concelleira de Cultura, Pilar Sánchez, acolleu os peregrinos con produtos da gastronomía do municipio, explicoulles a historia do albergue e a singularidade territorial da parroquia de Bruma. |
|
Sáb, 13/09/2014 |
Javier Tourís Fornos e María José Grobas Garaboa son os gañadores na proba xeral de doce quilómetros da Carreira de Mesía 2014, disputada hoxe sábado. Na Minicarreira, os primeiros postos foron para Amador Pena Torreira, na clasificación masculina, e para María Jesús Orgeira Rey, na feminina. Pode consultar aquí o resumo das clasificacións de todas as categorías. Pode consultar esta galería de fotos, das que é autora Lucía Doval. Pode comentar a Carreira en facebook. E pode solicitar fotos concretas que non atope por aquí no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es Novidade: clasificacións completas por categorías e clasificación xeral da Carreira e da Minicarreira. |
|
Mér, 10/09/2014 |
O Concello de Mesía organiza unha excursión á comarca do Bierzo (León) para o sábado 18 de outubro. Ademais de coñecer Villafranca, capital histórica da comarca, os participantes visitarán unha adega e o 'Museo da Madeira' en Balboa. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro. Custa 25 euros por persoa, 28 para quen non estea empadroado no municipio de Mesía. |
|
Lun, 08/09/2014 |
Este venres a mediodía remata o prazo para inscribirse na cuarta edición da Carreira do Concello de Mesía, que se disputa ao día seguinte, sábado 13 de setembro. A anotación é gratuíta, está aberta a participantes de toda idade e procedencia, e debe formalizarse no correo electrónico mjgrobas@hotmail.com. Existe unha proba xeral, a minicarreira e as carreiras das categorías de base. Pode seguir o evento en facebook: https://www.facebook.com/events/1553448308199974/ |
|
Dom, 31/08/2014 |
O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía ten como gañadores ao equipo de Mesía na categoría de fútbol 11, ao de Cumbraos na de fútbol 8, e ao de Mesía en fútbol 5. A competición, na que colabora Coca-Cola, disputouse hoxe no campo municipal de céspede artificial en Visantoña, con máis de 300 espectadores durante toda a xornada. |
|
Sáb, 30/08/2014 |
Mateo Fernández proclamouse hoxe campión do VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía. Venceu na final a Manuel A. Gontán, por un resultado de 6-3 e 6-1. O concelleiro de Deportes, Iván Méndez, presidiu a entrega de trofeos desta competición, que se desenvolveu durante o mes de agosto nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda. |
|
Ven, 29/08/2014 |
O Concello de Mesía informa de que a unidade móbil para a doazón de sangue visitará Xanceda o vindeiro martes 2 de setembro, de 10 a 14:30 horas diante do Concello. Ao día seguinte, de 16 a 21 horas, estará en Mesía, nas inmediacións da igrexa parroquial. O Concello anima a participar nesta iniciativa para contribuír a atender as necesidades de sangue no sistema sanitario. |
|
Xov, 28/08/2014 |
Hoxe xoves sorteouse o cadro de competición do Torneo Interparroquial de Fútbol Concello de Mesía 2014, que se disputa este domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A novidade nesta ocasión é unha categoría de fútbol 5, con xogadores de cinco a nove anos, que se suma ás de fútbol 8 e de fútbol 11. Consulte o cadro de competición. Esta actividade conta coa colaboración de Coca-Cola. |
|
Sáb, 23/08/2014 |
A Festa da Auga 2014 do Concello de Mesía refrescou e divertiu ás numerosas persoas, do municipio e de fóra, que se achegaron durante a tarde deste sábado ata o complexo deportivo municipal da Mata, en Mesía. Unha xincana con xogos de auga, elementos inchables na piscina e a lanzadeira de escuma foron as grandes atraccións dunha xornada soleada e de temperaturas que acadaron os 20 graos. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- seguinte ›
- última »