O Concello de Mesía mantén aberta a inscrición para participar nas xornadas de multiaventura programadas para o xoves 28 e o venres 29 de agosto. O primeiro día desenvolverase no albergue de Santa Cruz, en Oleiros, con canoa, BTT e unha xincana nocturna. A segunda xornada, na Coruña, inclúe paintball e cine. Existe a opción de participar unicamente nesta segunda xornada.
Noticias
Lun, 18/08/2014 |
O Concello de Mesía celebra este sábado 23 a Festa da Auga e da Escuma. Comezará a partir das 16:30 horas no complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda. A participación é gratuíta e require inscrición no 981 68 72 41 para avisar dunha eventual suspensión da actividade por razóns meteorolóxicas, aínda que de momento as previsións anticipan unha temperatura duns 24º e un 0% de probabilidade de chuvia. |
|
Ven, 08/08/2014 |
O campamento 'Respira Mesía', organizado polo Concello, sumou 24 participantes na súa ampla e variada programación de actividades. Ao longo desta semana, os escolares, de entre catro e dez anos, divertíronse a aprenderon en obradoiros, xogos e saídas lúdicas. |
|
Ven, 08/08/2014 |
Os dous niveis dos cursos de natación do Concello de Mesía cubriron as catorce prazas dispoñibles en cada un deles. As clases teñen lugar todos os días de luns a xoves desde finais de xullo ata finais de agosto. |
|
Ven, 08/08/2014 |
Máis de oitenta persoas participan cada semana nas saídas á praia de Boiro que organiza o Concello de Mesía no programa 'Imos á praia'. Cada xoves dos meses de xullo e agosto, desprázanse en autobuses para pasar un día relaxado a carón do mar, gozando da auga e do sol. Aínda quedan tres saídas máis: os días 14, 21 e 28 de agosto. |
|
Ven, 08/08/2014 |
As malas condicións meteorolóxicas motivaron hoxe a anulación da saída municipal ao lago artificial das Pontes e a súa substitución pola asistencia a unha proxección cinematográfica na Coruña. Con esta decisión áxil do Concello, as 35 persoas que tiñan prevista unha xornada de lecer, entre nenos e adultos, puideron manter os seus plans, aínda que fose cun destino diferente. |
|
Mér, 06/08/2014 |
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes trouxo hoxe ata Mesía a súa actividade 'Contiños para compartir', co propósito de promover o respecto pola igualdade de xénero entre a infancia. Na sesión participaron os 24 nenos e nenas que acoden durante esta semana ao programa de conciliación 'Respira Mesía'. |
|
Lun, 04/08/2014 |
O Concello de Mesía publica o cadro de competición e a normativa do VIII Torneo de Tenis que leva o seu nome. Os partidos comezan a disputarse esta mesma semana, a partir de mañá martes, e a final está prevista para o sábado 30 de agosto a partir das 11:00 horas. |
|
Lun, 28/07/2014 |
Preto de medio cento de nenos e nenas participaron durante este mes de xullo nos campamentos de verán 'XoeCon' (xogar e conciliar) do Concello de Mesía. Estiveron distribuídos en dous grupos de idade: un de catro a oito anos e outro de nove a trece anos. Os campamentos ofreceron numerosas actividades de creatividade artística, novas tecnoloxías, deporte ou lecer. |
|
Mar, 22/07/2014 |
O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola, celebrarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A competición dividirase en categorías de fútbol-8, fútbol-5 e fútbol-11. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto, no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es. Toda a información en 'ler máis'. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- seguinte ›
- última »