A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, comprobaron esta mañá a reparación de varios camiños rurais no municipio. O Concello de Mesía recibiu unha achega de máis de 74.000 euros para o acondicionamento de varias pistas, nunha acción enmarcada no Plan Marco de Mellora de Camiños de titularidade municipal que desenvolve a Consellería do Medio Rural e do Mar. Máis información en 'ler máis'.
Noticias
Ven, 13/06/2014 |
O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia decidiu prohibir as queimas ata novo aviso polas condicións meteorolóxicas. De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez. |
|
Sáb, 07/06/2014 |
As escolas deportivas e culturais do Concello de Mesía celebraron a fin de curso cunha festa no polideportivo municipal en Xanceda a pasada tarde. Deceas de persoas asistiron á festa, na que se puideron ver exhibicións das actividades deportivas e algunha actuación das culturais. Ademais, proxectáronse imaxes de todas as actividades municipais desenvoltas ao longo do curso. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60