Noticias

Mar, 05/07/2022

O Concello de Mesía no día de hoxe, 05.07.2022, publica na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal o Decreto de Alcaldía polo que se aproban as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2022-2023.

matrícula farase do 6 ao 15 de xullo do actual, ambos os dous incluídos, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello a documentación establecida no artigo 8.3. do Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia “Os Camiños” xunto coa aceptación da praza (Anexo III).

A non presentación da dita documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 04/07/2022
Eólico Legre

Acordo de 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambienta (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Legre, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (ACoruña), (exp. IN408A 2020/097).

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, SL

Ven, 01/07/2022

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 01/07/2022, por Decreto de Alcaldía núm. 229/2022 as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2022 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

prazo de solicitude destas axudas iniciarase o día 08/07/2022 tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 128, do 07/07/2022, da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o 31 de decembro de 2022. 

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 20/06/2022

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán.

Campamanto XOECON, escolas e campus infantís, xuvenís e para adultos, con diversas actividades deportivas (natación, tenis, ximnasia , pilates, aquagym) e cursos de formación (pintura, tablets e informática adultos e rapaces/zas). Tamén faremos saídas de sendeirismo, asi como programamos o Camiño de Santiago por etapas. Toda a información sobre as actividades está recollida no PROGRAMA DE ACTIVIDADES que adxuntamos no anexo.

A folla de inscrición pode entregarse na Casa da Cultura, no Concello ou por mail a casadacultura@concellodemesia.gal.
Inscricións do 20 o 29 de xuño para as Escolas de Verán. 

Lembrade estar atentos/as á páxina web e ao facebook do concello pois haberá actuacións e actividades que non están incluídas nesta programación e que se realizarán ao longo dos meses do verán.

 

Mar, 07/06/2022
RUTA  DE SENDEIRISMO LAXE - PINOS DO MAR 2022 Concello de Mesía

 CARACTERÍSTICAS:

     - Ruta sinxela sobre 13 kms.

     - Saída bus: Praza de Xanceda 8:30 h.

     -  Regreso bus:  Tras comida  en zona da ruta, sobre as 18 h. (Parte do coste do bus é subvencionado polo concello.)

      - Prezo: 20 €  (a pagar no bus, comida incluida).

INSCRICIÓNS: Ata o día 15 de xuño. Chamando a Casa da Cultura  (981687241)  ou enviando un mail a actividades@concellodemesia.gal. Mínimo de 20 inscritos. 

Mar, 07/06/2022

O Concello de Mesía informa de que hoxe, 07/06/2022, abre o prazo para a inscrición de nenos e nenas, ata 12 anos, inclusive, no Campamento de Conciliciación do verán

Ofértanse varias quendas: 1ª quenda (do 27 de xuño ao 1 de xullo), 2ª quenda (do 4 ao 15 de xullo), 3ª quenda (do 18 ao 29 de xullo), 4ª quenda (do 1 ao 12 de agosto) e 5ª quenda (do 16 ao 31 de agosto). Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

O prazo para inscribirse remata o 20 de xuño. A inscrición farase cubrindo a folla que se adxunta en "Ler máis" e achegándoa presencialmente (Concello ou Casa da Cultura) ou por correo electrónico á casadacultura@concellodemesia.gal

Prezo: Gratuíto.     Preferencia: Empadroados/as.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 03/05/2022


O Concello de Mesía publica as datas e lugares nas que estará  o Punto Limpo Móbil nas parroquias do noso concello ao longo do ano 2022 co fin de que poidan usar este servizo e así facilitar a correcta xestión dos residuos domésticos.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 29/04/2022
APERTURA PRAZOS SOLICITUDE PRAZAS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPA

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI para o curso 2022/2023:

Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Achegamos o Decreto no que se resolve abrir os prazos e os anexos de solicitude.

Mar, 26/04/2022
RUTA FERVENZA DAS HORTAS (TOURO) Grupo sendeirismo Concello Mesía

Deixamos imaxes da saída deste domingo 27 de abril a RUTA FERVENZA DAS HORTAS (TOURO) co grupo de sendeirismo do Concello de Mesía.

Sairon en bus as 9 de Xanceda 27 sendeiristas con idades comprendidas entre 7 e 80 anos. Fixeron unha ruta de 13 quilómetros polo entorno do Encoro de Portodemouros, o río Ulla e finalizaron la Fervenza das Hortas.  Para repoñer forzas achegáronse a comer a un restaurante en Arzúa.

Xov, 21/04/2022

A Deputación da Coruña abre o prazo para que inscribirse nos campamentos deportivos que a institución vai levar durante o verán.


A proposta está dirixida á mocidade de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xuño e xullo no IES Rosalía Mera da Deputación, na cidade da Coruña, en cinco quendas de seis días de duración. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención, así coma o gasto das actividades.

Durante as xornadas de campamento, a rapazada participante poderá gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, excursións á praia e visitas culturais, deportivas e etnográficas en zonas de interese na provincia da Coruña. As actividades e xogos buscarán en todo momento fomentar a comunicación, o intercambio de experiencia, a convivencia e o respecto polos demais.


Ao Concello de Mesía correspóndelle a 2ª quenda, do 3 ao 8 de xullo, e a Deputación Provincial da Coruña concedeunos 3 prazas.

As inscricións realizaranse no concello de empadroamento e estarán abertas ata o 20 de maio.


Máis información en "Ler máis".

 

Páxinas