Noticias

Sáb, 02/05/2015

Máis de 500 persoas participaron hoxe na Festa da Terceira Idade 2015 do Concello de Mesía. O encontro celebrouse, como é costume, no polideportivo municipal en Xanceda. Para asistir, as persoas interesadas contaron co habitual servizo de transporte en autobús. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'.

Mér, 29/04/2015

A pasada noite tivo lugar a saída 'Imos ao teatro', organizada polo Concello de Mesía. As persoas que participaron nesta actividade tiveron ocasión de ver 'El nombre' no Teatro Colón da Coruña. A obra está interpretada por Amparo Larrañaga e Antonio Molero, entre outros.

Lun, 06/04/2015

As actividades programadas polo Concello de Mesía durante as vacacións escolares de Semana Santa obtiveron unha elevada participación. A saída cultural e de ocio á Coruña, cunha xeira na piscina climatizada de ondas e unha proxección de cine, sumou máis de 80 persoas. A xornada de actividades en inglés congregou tamén un grupo de nenos e nenas. Todas as imaxes en 'ler máis'.

Mar, 24/03/2015

A Xunta convoca hoxe a súa oferta de prazas en campamentos xuvenís para este verán, que se poden solicitar ata o 8 de abril por vía telemática. Ademais da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, xa están dispoñibles os folletos promocionais cos campamentos de verán e tamén coas actividades para quen teña entre 18 e 30 anos, que se poden reservar por teléfono desde este 25 de marzo.

Xov, 19/03/2015

O Concello de Mesía informa sobre a decisión da Xunta de prohibir, desde hoxe xoves e ata novo aviso, as queimas de restos agrícolas e forestais, por mor das condicións de vento e as previsións para os vindeiros días. Quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez desde o momento da prohibición.

Lun, 16/03/2015

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades municipais para a primavera. O boletín informativo chega estes días a todos os domicilios, con propostas para os días de Semana Santa, unha nova edición do Eco-Baúl, as Letras Galegas, diversas iniciativas xuvenís, unha excursión e unha saída de sendeirismo, ademais de varias ofertas formativas.

Lun, 16/03/2015

O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de subvencións para incentivar o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Son unhas axudas financiadas con fondos Feader, do ministerio e da Xunta. Pode consultar a convocatoria no DOG.

Ven, 13/03/2015

O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria, hoxe no Diario Oficial de Galicia, de axudas da Xunta para renovar cubertas de vivendas con tella cerámica e para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda.

Ven, 27/02/2015
Curso de Informática

O curso de informática básica do Concello de Mesía continuará durante o mes de marzo por petición do alumnado. Despois das sesións impartidas en febreiro, solicitaron continuar, á vista dos progresos acadados nestas semanas e a posibilidade de profundizar neles nas vindeiras.

Sáb, 14/02/2015
Entroido

O Concello de Mesía celebrou hoxe a súa Festa de Entroido 2015. Acudiron numerosas persoas disfrazadas e ademais os máis pequenos puideron divertirse en atraccións como o futbolín humano, o touro mecánico, o circuíto de bicis, os xogos inchables e varios obradoiros. Imaxes na noticia ampliada, clicando en 'ler máis'.

Páxinas