O torneo solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro', que se celebrou hoxe, conseguiu recadar 2.777 euros en favor da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña. A súa presidenta, Elena Viturro, recolleu as doazóns de equipos, particulares, asociacións e empresas ao remate da xornada, na que o equipo 'Castro' gañou a competición masculina e 'As Trouts' a feminina.
Noticias
|
Ven, 26/12/2014 |
|
Novidade: Grazas ás empresas colaboradoras, haberá tres sorteos na rifa en vez do único previsto inicialmente. Para seguir o evento nas redes sociais: |
|
|
|
Lun, 22/12/2014 |
|
O Salón de Ocio Infantil e Xuvenil Xuvenlugo 2014 recibiu hoxe a visita de Mesía. Máis de cen persoas -entre nenos e nenas, pais e nais e outras persoas acompañantes- participaron na saída organizada polo Concello dentro do programa municipal de actividades de Nadal. |
|
|
|
Dom, 21/12/2014 |
|
Preto de cen veciños e veciñas participaron hoxe na Xuntanza do Nadal organizada polo Concello de Mesía nun restaurante de Malpica. Tras un xantar con receitas propias das festas que están a punto de comezar, houbo tempo para o baile, a conversa e a diversión. Cada persoa asistente pagou 25 euros por acudir a esta actividade. |
|
|
|
Ven, 19/12/2014 |
|
O CPI de Xanceda celebrou hoxe a súa Festa de Nadal cunha xeira repleta de actividades para o alumnado de infantil, de primaria e da ESO. A tradicional personaxe do Apalpador visitou o centro, con contacontos e reparto de caramelos para os niveis de infantil e primaria, e os estudantes da ESO tiveron ocasión de participar nunha animada sesión de Zumba de Nadal. |
|
|
|
Ven, 12/12/2014 |
|
Os Reis Magos acudiron hoxe á Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, para recoller as cartas dos nenos e nenas das escolas unitarias de Montaos (Ordes) e de Olas e Visantoña (Mesía), nunha Festa de Nadal que organizaron estes tres centros educativos, coa colaboración do Concello de Mesía. |
|
|
|
Mér, 10/12/2014 |
|
O Concello de Mesía presenta a súa programación para o Nadal 2014-2015, con múltiples propostas pensadas para todos os sectores de idade, especialmente os máis novos. As actividades pódense consultar no boletín municipal que estes días está chegando xa a todos os domicilios do municipio. Máis información en 'ler máis'. |
|
|
|
Ven, 05/12/2014 |
|
A sétima edición do torneo solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro', que se celebrará o 28 de decembro, abriu xa o prazo para a inscrición de equipos. Os interesados en participar poden contactar con elenarocamoro@concellodemesia.es antes do 19 de decembro e entregar a folla de inscrición do equipo ata o 24 de decembro. A urna de recadación a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) xa está instalada na Casa do Concello e tamén estará situada no polideportivo municipal en Olas o día da competición. Todo o obtivo irá en beneficio da AECC. O Concello anima a colaborar coa causa solidaria. |
|
|
|
Mar, 02/12/2014 |
|
Este luns concluíu a tanda de saídas ao Balneario de Guitiriz, organizada durante o outono polo Concello de Mesía, dentro do seu programa 'Deporte é saúde'. Participaron trinta e cinco persoas durante catro semanas. |
|
|
O PLENO MUNICIPAL APROBOU HOXE OS PROXECTOS PARA FINANCIAR CO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (POS) DE 2015Ven, 28/11/2014 |
|
O pleno do Concello de Mesía aprobou hoxe os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) de 2015. Son obras para a ampliación da rede pública do abastecemento municipal de auga potable e para a mellora das infraestruturas de comunicación locais, por un importe superior aos 150.000 euros. |
|
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »







