Arquitectura

A maior parte dos templos pódense encadrar entre os séculos XVII e XIX, habendo tamén edificios de séculos anteriores como a de San Martiño de Cabrui e Sta. María de Cumbraos que datan do século XIII ou Sta. Mariña de Albixoi e a Capela de Bruma que datan do século XVI.

A Torre-fortaleza está situada no lugar da Pobra, parroquia de Santiago de Bascoi. No que hoxe son ruínas, estivo no pasado ubicada a cabeza da xurisdición de Mesía que abarcaba 45 parroquias, incluídas as dos concellos limítrofes. Esta xurisdición estivo exercida desde o século XV polo bispo de Santiago.

Esta casa foi construída no século XVII por D. Antonio Varela do Barreiro e Dona Inés Fernández Marzoa. A edificación é unha grande casa solariega que conserva un escudo no que se aprecian as faicas e as torres dos Ribera ou Puga, a roda de Santa Catalina dos Varela, a casa dos Espantoso e tres flores de lis. Os señores de Recelle foron os fundadores en 1650 da capela de Nosa Señora de Arxán, situada na mesma parroquia. ...

De estilo barroco, orixinalmente tiña un torreón e unha pequena capela advocada á Virxe do Rosario. Pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Aínda conserva unha pequena torre de planta cadrada adosada ao edificio principal ademais dun desgastado escudo no que aparecen as armas dos Mosquera, Aguiar e Montenegro.

O Pazo de Lago, construído no S. XVIII, pertencente aos Verea e Aguiar, encóntrase na parroquia de Castro.
É un edificio rectangular de cachotería cunha cheminea de grandes proporcións. A súa sinxela fachada, na que cabe destacar un reloxo de sol, corresponde á dunha tradicional casona de labradores.

A Casa do Coronel, sita na parroquia de Cabrui, dedicada hoxe a turismo rural, foi un proxecto do entonces principiante de arquitecto, Antonio Tenreiro e que logo sería un importante e recoñecido arquitecto autor de edificios como a sede central do Banco Pastor ou o mercado de San Agustín.