Preséntanse as técnicas básicas do modelado tradicional de obxectos de barro.Construción de pezas de barro con ese material e os instrumentos adecuados. Os participantes conciéncianse do avance tecnolóxico dos últimos anos e, ao mesmo tempo, favorécese o seu desenvolvemento autónomo no plano artístico.
Obradoiro de calco e estampado de follas.
Identificación de follas de diferentes árbores e realización dunha carpeta coa silueta das mesmas.
Outros obradoiros puntuais.
Serán anunciados nesta páxina previamente.
Actividades para grupos escolares (de 3 a 16 anos)
Obradoiros (Cada un deles ten unha duración aproximada de 1 hora e estará adaptado á idade dos rapaces).
Obradoiro de modelado con barro
Preséntanse as técnicas básicas do modelado tradicional de obxectos de barro.Construción de pezas de barro con ese material e os instrumentos adecuados. Os participantes conciéncianse do avance tecnolóxico dos últimos anos e, ao mesmo tempo, favorécese o seu desenvolvemento autónomo no plano artístico.
Quebracabezas das Brañas de Valga (Recomendado de 3 a 9 anos)
Xogo de pistas mediante o cal os participantes descobren distintos aspectos da natureza de Brañas de Valga dun xeito divertido. Os alumnos xogarán con diferentes pezas que compoñen un mural das Brañas.
Obradoiro de modelado con barro (Recomendado de 3 a 16 anos)
Construción de pezas de barro con ese material e os instrumentos adecuados. Os participantes conciéncianse do avance tecnolóxico dos últimos anos e, ao mesmo tempo, favorécese o seu desenvolvemento autónomo no plano artístico.
Obradoiro das cadeas alimentarias. (Recomendado de 5 a 10 anos)
Os rapaces elaborarán un dado con diferentes animais da contorna nas súas caras e finalmente utilizarano para xogar e comprender as diferentes cadeas alimentarias na natureza.
Análise de auga. (Recomendado de 10 a 16 anos)
Os alumnos realizarán unha análise de diferentes parámetros de dúas mostras, unha de auga da lagoa e outra de auga do grifo. Tras a analítica e recollida de datos sacarán conclusións.
Xogo das Brañas de Valga. (Recomendado de 10 a 16 anos)
Xogo de taboleiro con probas e preguntas sobre as Brañas de Valga no que os rapeces aprenden dun xeito ameno e divertido.
Actividades para grupos non escolares
Obradoiros para grupos con cita previa (1 hora).
Actividades para grupos escolares (de 3 a 16 anos)
Obradoiros (Cada un deles ten unha duración aproximada de 1 hora e estará adaptado á idade dos rapaces).