A arxila e a caolinita extraídas deste xacemento están intimamente unidas á biodiversidade que colonizaba o substrato xeolóxico e á braña que dominaba a paisaxe. A súa extracción deu lugar á canteira e ao beneficio material cos diversos produtos alí orixinados. Esgotada esta, a restauración do espazo devólvenos unha zona húmida en nova evolución.
Este ciclo xustifica o recurso ao solo, ao barro e á cerámica –materiais reciclables–, á auga e á vexetación como elementos clave na estética da sala principal do centro.
Contidos do centro de interpretación
Érase unha vez a Terra. Que é a arxila? Barro sodes e en barro vos converteredes. Onde se forma o barro? A extracción do barro. O "paso a paso" da creación dunha peza de cerámica. As técnicas para a elaboración de cacharros. Historia da cerámica en Galicia. A olaría popular galega. Auga, terra, aire e lume: os catro elementos presentes na cerámica e na braña. Desde os antigos ladrillos de adobe ata os modernos bloques de termoarxila. As telleiras. Así era un antigo forno de telleira. Así funcionaba o forno dunha telleira. Evolución dos fornos. A elaboración dos ladrillos. O proceso de elaboración da tella. As novas telleiras.
Barro sodes e en barro vos convertiredes
A propiedade máis importante das arxilas é a plasticidade. A plasticidade fai posible que a arxila, mesturada e amasada con auga, poida ser deformada a vontade (modelada) e que conserve a súa deformación ao cesar o noso modelado. Ao secar, e desaparecer con iso gran parte da auga, a arxila deixa de ser “plástica”.
As telleiras ou cabaqueiras son instalacións destinadas a elaboración de tellas, ladrillos e outros elementos de construción feitos en barro. Estaban formadas por varias partes diferenciadas en función da súa utilidade cunha disposición variable que xiraba ao redor dun elemento principal, o forno.
A arxila e a caolinita extraídas deste xacemento están intimamente unidas á biodiversidade que colonizaba o substrato xeolóxico e á braña que dominaba a paisaxe. A súa extracción deu lugar á canteira e ao beneficio material cos diversos produtos alí orixinados. Esgotada esta, a restauración do espazo devólvenos unha zona húmida en nova evolución.
Este ciclo xustifica o recurso ao solo, ao barro e á cerámica –materiais reciclables–, á auga e á vexetación como elementos clave na estética da sala principal do centro.
Contidos do centro de interpretación
Barro sodes e en barro vos convertiredes
A propiedade máis importante das arxilas é a plasticidade. A plasticidade fai posible que a arxila, mesturada e amasada con auga, poida ser deformada a vontade (modelada) e que conserve a súa deformación ao cesar o noso modelado. Ao secar, e desaparecer con iso gran parte da auga, a arxila deixa de ser “plástica”.
Ler máis...
As telleiras