Flora das brañas e lagoa

A lagoa transfórmase co tempo. A medida que evoluciona as bandas de vexetación invaden a auga libre e as súas beiras.

Nas brañas adoitan existir especies vexetais típicas adaptadas ao encharcamento do terreo. Algunhas son exclusivas deste medio.

Sobre a superficie da auga flotan espigas de auga e lentellas de auga, baixo as cales as crías de escalo atopan un lugar para agocharse seguro a salvo do picapeixe.

Predominan as plantas herbáceas como o bugallón ou os xuncos e é frecuente que o chan estea cuberto de mofo. Son frecuentes as uces e ademais aquí pódense ver dúas orquídeas típicas destes medios, como son Dactylorhyza elata e Serapias cordigera.

 



Bordeando a lagoa, aparecen os amantes da auga, como o salgueiro e o ameneiro, que coas súas raíces fixan a ribeira impedindo que se erosione e perda.
 

O sabugueiro e o estripeiro, producen froitos moi ricos que atraen a gran variedade de animais.
 

Máis alá, sen afastarse demasiado, o loureiro e o carballo prefiren lugares máis secos.