Invasión animal!

Unha vez recuperadas as beiras e instaladas as plantas, houbo que esperar moi pouco a que chegasen os animais. A algúns deles, como os anfibios, foi necesario facilitarlles especialmente as cousas. A maioría chegaron polo seu propio pé. ¡Ou polas súas propias ás!

Estes son só algúns deles.

Mamíferos

A rata de auga, malia o seu nome, é un roedor vexetariano e inofensivo. Ás veces a londra fai incursións. Pola noite os morcegos sobrevoan as augas cazando insectos.

Aves

Nos arredores da lagoa e atraídas pola súa vexetación aparecen moitas especies de aves. Entre elas destacan o ouriolo, a carriza dos xuncos, o gaio ou o cardeal. Ademais, tamén poderemos ver alimentándose nas beiras aves tan atractivas como a garza real. Nadando na masa de auga poderás descubrir a a galiñola, o mergullón pequeno e o pato real. Na primavera reúnense aquí moitas andoriñas. Algunha pode acabar nas poutas dun falcón pequeno...

Insectos

Son multitude os insectos que crían nas tranquilas augas desta lagoa. Os que chaman máis a atención son os escaravellos acuáticos como os ditiscos e os cabaliños do demo. Ambos son temibles depredadores doutros invertebrados máis pequenos.

Anfibios e réptiles

Xunto ás beiras viven sapos e ras, e inofensivas culebras de auga. Tamén tritóns xaspeados de brillantes cores.