Visitas

Proxección didáctica

Os grupos de visitantes son recibidos cunha breve presentación mediante proxector LCD que serve de introducción á historia das Brañas de Valga e á temática do Centro de Interpretación.

Visita autoguiada

Calquera persoa interesada pode visitar a aula da natureza durante o seu horario de apertura e realizar unha visita autoguiada tanto ás instalacións como ós arredores.

Unha educadora coñecedora do contorno recibe ós visitantes, entrégalles material informativo e infórmaos sobre o itinerario que deben seguir para realizar unha visita completa á aula, a lagoa ou a rutas de sendeirismo próximas.

Visita guiada

Grupos escolares e non escolares con diferentes tipoloxías.

Pódense solicitar visitas guiadas para grupos de mínimo 10 persoas, xa sexan grupos escolares, asociacións ou grupos de amigos e familiares. A visita débese solicitar con anterioridade e indicar o número de persoas, idade, tempo dispoñible, data solicitada, etc.

Unha educadora especializada realizará unha visita guiada polo interior da aula da natureza e os seus arredores. Ademais cabe a posibilidade de solicitar a realización dun obradoiro ou taller.

A duración e os contidos das actividades son moi flexibles para poder adaptarse ás preferencias e necesidades específicas dos visitantes.

Outras visitas guiadas

Existe a posibilidade de realizar outras rutas guiadas próximas ás Brañas de Valga: - Ruta das tres barreiras - Ruta da fraga ós muiños - Ruta das Brañas de Valga ó muíño de Batán

Opcións para unha visita tipo
Visita de media xornada (Opción A) 
Horario Actividade
10:00 h Recepción do grupo
10:10 h Proxección didáctica
10:30 h Visita guiada á exposición
11:45 h Descanso
11:30 h Obradoiro (a escoller entre varias opcións)
12:30 h Visita guiada arredor da lagoa
13:30 h Avaliación e despedida do grupo
Visita de media xornada (Opción B)*
Horario Actividade
10:00 h Recepción do grupo
10:10 h Proxección didáctica
10:30 h Visita guiada á exposición
11:45 h Descanso
11:30 h Obradoiro (a escoller entre varias opcións)
12:30 h Visita guiada arredor da lagoa
13:30 h Avaliación e despedida do grupo

*A opción B pode ser unha alternativa en caso de mal tempo

 
Prezos visita guiada
Público en xeral:
  • Taller: 2,50 € por persoa
  • Visita guiada: 2,00 € por persoa. (As persoas maiores ou persoas con discapacidade: 1,50 €)
Grupos organizados:
  • Taller: 2,00 € por persoa
  • Visita guiada: 1,50 € por persoa

*Os menores de 3 anos non pagan. (Excepto naquelas actividades que estean programadas específicamente para este grupo de idade).