A programación das "Letras Galegas 2026" comezará coa presentación do libro “Catálogo do cantar de cego galego volume 1. Voandeiras. Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas”, de Baldomero Iglesias; unha obra centrada na recuperación e divulgación da tradición oral galega.
Os centros educativos do concello tamén participarán activamente nesta celebración con distintas actuacións culturais: - Inventi Teatro representará “As palabras perdidas” no CPI de Xanceda. - Cris de Caldas levará o espectáculo “Pan de Broa” ás escolas unitarias de Visantoña e Olas. Ademais, tamén ofrecerá unha sesión especial en formato de 0 a 3 anos no PAI Os Camiños.
Entre as actividades destaca tamén o concurso “Mesía con Begoña nas Ondas”, unha iniciativa que quere achegar a figura de Begoña Caamaño á veciñanza a través da creación audiovisual.
As persoas participantes deberán gravar un pequeno vídeo de entre 3 e 4 minutos no que conten algún aspecto da vida ou da obra da autora, coma se fosen xornalistas. Tamén poderá incluírse a lectura dun fragmento dun texto da escritora.
Entre todas as propostas estableceranse categorías segundo as idades e repartiranse 4 vales de 50 euros para gastar nunha libraría.
Dende o Concello anímase á participación nesta programación das Letras Galegas 2026, unha oportunidade para seguir reivindicando a nosa lingua e coñecer máis de preto o legado de Begoña Caamaño.
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción e/ou xardinería, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son: - AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. - EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 6 DE MAIO DE 2026, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citaprevia/
O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi.
Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2026-2027:
- Nenos/as que xa estiveron neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).
- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).
O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase o día 17 DE ABRIL do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para a entrega dos TÍTULOS DE PROPIEDADE da concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).
Os propietarios que teñan o RECIBÍ CUBERTO do mes de marzo non esquezan que DEBERÁN ENTREGALO para a retirada do título.
Os propietarios que non teñan o dito recibí, deberán achegar a seguinte DOCUMENTACION: - PROPIETARIOS: DNI - AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO - HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO - COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN.
A partir do 20 de abril os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesados en: SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DA CORUNA. EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS, BỦA DE VICENTE FERRER 2.6° ANDAR RUA DE VICENTE FERRER, 2-6° ANDAR.
Máis información chamando ao concello ao 981687001.
Noticias
PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2026
A programación das "Letras Galegas 2026" comezará coa presentación do libro “Catálogo do cantar de cego galego volume 1. Voandeiras. Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas”, de Baldomero Iglesias; unha obra centrada na recuperación e divulgación da tradición oral galega.
Os centros educativos do concello tamén participarán activamente nesta celebración con distintas actuacións culturais:
- Inventi Teatro representará “As palabras perdidas” no CPI de Xanceda.
- Cris de Caldas levará o espectáculo “Pan de Broa” ás escolas unitarias de Visantoña e Olas.
Ademais, tamén ofrecerá unha sesión especial en formato de 0 a 3 anos no PAI Os Camiños.
Entre as actividades destaca tamén o concurso “Mesía con Begoña nas Ondas”, unha iniciativa que quere achegar a figura de Begoña Caamaño á veciñanza a través da creación audiovisual.
As persoas participantes deberán gravar un pequeno vídeo de entre 3 e 4 minutos no que conten algún aspecto da vida ou da obra da autora, coma se fosen xornalistas. Tamén poderá incluírse a lectura dun fragmento dun texto da escritora.
Os vídeos deberán enviarse ao correo casadacultura@concellodemesia.gal ata o día 27 de maio.
Entre todas as propostas estableceranse categorías segundo as idades e repartiranse 4 vales de 50 euros para gastar nunha libraría.
Dende o Concello anímase á participación nesta programación das Letras Galegas 2026, unha oportunidade para seguir reivindicando a nosa lingua e coñecer máis de preto o legado de Begoña Caamaño.
Máis información en "Ler máis".
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO - RIO SAMO VIII
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción e/ou xardinería, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
- EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 6 DE MAIO DE 2026, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citaprevia/
Máis información en "Ler máis".
CONCURSO PÚBLICO PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS PRAZAS DE TAXI
O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi.
Os interesados poderán acceder á información deste concurso no seguinte enlace: EXPTE. C04-2026. CONCESION DÚAS LICENZAS TAXI.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 06/05/2026.
Máis información en "Ler máis".
APERTURA PRAZOS SOLICITUDES PRAZAS PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPAL CURSO 2026-2027
Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2026-2027:
- Nenos/as que xa estiveron neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).
- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).
Máis información en "Ler máis"
ENTREGA TÍTULOS CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE XANCEDA O 17/04/2026
O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase o día 17 DE ABRIL do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para a entrega dos TÍTULOS DE PROPIEDADE da concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).
Os propietarios que teñan o RECIBÍ CUBERTO do mes de marzo non esquezan que DEBERÁN ENTREGALO para a retirada do título.
Os propietarios que non teñan o dito recibí, deberán achegar a seguinte DOCUMENTACION:
- PROPIETARIOS: DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
- HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN.

Páxinas