Noticias

Mér, 27/11/2024


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2024" e "POS+Adicional 1/2024", financiou:

- a realización de dúas obras: Pista en Seble e outro e Reforzo de firme en pista xeral en Bascoi (A Fraga-Recelle) cun importe de 176.032,83 €, ao abeiro do POS+2024, aportando o concello un total de 13.235,95 €. 
- gastos correntes, ao abeiro do POS+2024, cun importe total de 226.989,70 €.
- gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2024, cun importe de 64.854,20 €.
- a realización de tres obras: Mellora pista en Cova de Vales (Cabrui), Mellora pista do Río a Ponte Mou (Cabrui) e outros e Mellora pista Cruce de Recelle a Picha e outros, ao abeiro do POS+Adicional 2/2024, cun importe total de 214.522,07 €.


Máis información en "Ler máis".

 

Xov, 21/11/2024

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 18/11/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.  

Máis información en "Ler máis"

Xov, 14/11/2024

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 22/10/2024

O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o  OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son:
- EOCB0311 PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN
- MAMS0108 INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA

A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN pode realizarse de modo telemático a través da oficina de emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes ANTES DO DÍA 28 DE OUTUBRO.

Máis información en:
Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes
Rúa Xoxardo, s/n (Bajos de la Alameda)
15680 - Ordes - A Coruña
Tlf: 981 680 002

Páxinas