O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C04-2024.
O prazo para a presentación de propostas remata o día 29/05/2023 ás 23.59 horas.
Máis información no Perfil de Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público/Alcaldía del Ayuntamiento de Mesía/Licitaciones/C02E-2023 ou chamando ao concello ao 981687001.
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia
O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Camiño en Mata-Xanceda da AC-524 a AC-223 e outro", co fin de continuas cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 179/2024, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2024 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.
A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.
A dita convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da A Coruña núm. 108 o 05/06/2024.
O prazo de presentación de solicitudescomezará mañá, día 6 de xuño e finalizará o 31 de decembro de 2024.
As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 78, do 19/04/2024, a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).
Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2024 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 22 de novembro de 2024.
Modalidades:
1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.
Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
Prazo de solicitudes: Ata o 21 de outubro de 2024.
Noticias
EXPLOTACION DO BAR DA CAFETERIA DA PISCINA MUNICIPAL
O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C04-2024.
O prazo para a presentación de propostas remata o día 29/05/2023 ás 23.59 horas.
Máis información no Perfil de Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público/Alcaldía del Ayuntamiento de Mesía/Licitaciones/C02E-2023 ou chamando ao concello ao 981687001.
PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS MUNICIPAIS 2023-2024
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia
O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Camiño en Mata-Xanceda da AC-524 a AC-223 e outro", co fin de continuas cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
RELATOS GAÑADORES CONCURSO "CONTAMOS DELAS"
O Concello de Mesía publica os relatos gañadores do Concurso "Contamos Delas" organizado polo concello co motivo do Día Internacional da Muller.
Enhoraboa a todos/as os/as gañadores/as!
Poden ler os relatos en "Ler máis".
ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2024
O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 179/2024, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2024 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.
A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.
A dita convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da A Coruña núm. 108 o 05/06/2024.
O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá, día 6 de xuño e finalizará o 31 de decembro de 2024.
As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Máis información en "Ler máis".
AXUDAS ECONÓMICAS_PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS

Páxinas