O 8 de marzo tivemos IOGA DO RISO no pavillón de Visantoña.
O 15 DE MARZO Tivo lugar na Casa da cultura a presentación do documental TECIDO RESISTENTE, da mán da súa directora: Maria Chiavegatto.
Mér, 20/03/2019 |
O 8 de marzo tivemos IOGA DO RISO no pavillón de Visantoña. O 15 DE MARZO Tivo lugar na Casa da cultura a presentación do documental TECIDO RESISTENTE, da mán da súa directora: Maria Chiavegatto.
|
|
Mar, 18/09/2018 |
Aberto o prazo para anotarse nas actividades anuais municipais, ata o 26 de setembro do 2018. INSCRICIÓNS: Para poder asistir ás actividades hai que cubrir a folla de inscrición que se achega. Non se realizarán inscricións nin reserva de praza por teléfono. É obrigatorio entregar cuberta a ficha de inscrición nun dos seguintes sitios: a Casa da Cultura, no Concello ou ben enviala por correo electrónico (casadacultura@concellodemesia.gal). |
|
Lun, 17/09/2018 |
Hoxe comeza o prazo para anotarse nas actividades anuais municipais, ata o 26 de setembro do 2018. INSCRICIÓNS: Para poder asistir ás actividades hai que cubrir a folla de inscrición que se achega. Non se realizarán inscricións nin reserva de praza por teléfono. É obrigatorio entregar cuberta a ficha de inscrición nun dos seguintes sitios: a Casa da Cultura, no Concello ou ben enviala por correo electrónico (casadacultura@concellodemesia.gal). |
|
Lun, 06/08/2018 |
Presentams os cadros de competición do XI TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESIA 2018. Organizado polo Concello de Mesía, e que conta ca colaboración de COCA COLA. Para máis información pinche na noticia do evento. |
|
Lun, 23/07/2018 |
120 xogador@s, 11 equipos por parroquias, 5 categorías, no finde do 21 e 22 de xullo xogaron o Torneo anual interparroquial. As clasificacións foron: MINI F5: 1º Mesia e 2ª Visantoña BASE F8: 1º Albixan, 2º Visantoña e 3º Mesía MAXI F11: 1º Mesia e 2º Cumbraos SENIOR: 1º Olas, 2º Xancumbraos, 3º Mesía e 4ª Visantoña Podense ver todas as imaxes do Evento no Álbum do Facebook Deportes Mesía |
|
Mér, 18/07/2018 |
O Concello de Mesía levou, en dúas xornadas, a máis de cen veciños e veciñas de todas as idades ao Aquapark de Cerceda durante os meses de xuño e xullo, como parte do programa Verán 2018. |
|
Ven, 13/07/2018 |
Durante tres semanas de xullo vivimos o Campamento Xoecon do Concello de Mesía con 60 rapaces e rapazas e nenas e nenos de 4 a 14 anos. Mediante actividades deportivas e culturais, en horario de 9:30 - 14:00, conciliaron tres semanas do verán e divírtironse con xogos, ximkanas, saídas, deportes, visitas, e obradoiros moi variados.
Adxuntamos Álbumes para ver todas as imaxes do Campa que están no Facebook Deporte Concello Mesía. |
|
Sáb, 02/06/2018 |
O venres 1 de xuño tivo lugar a Festa de clausura das escolas municipais deportivas e culturais, e actividades físicas e culturais de adultos e maiores 2017/18. Reuníronse máis de 200 persoas no Pavillón do CPI Xanceda para ver as exhibicións das actividades, así coma a entrega de Diplomas, agasallo da Camiseta e Merenda. 100 nen@s e xuventude participaron nas Escolas deportivas e culturais deste ano. Chegando case a duplicarse a participación no caso das actividades dos maiores e adultos. |
|
Xov, 10/05/2018 |
O concello de Mesia participou no evento "Primavera no Camino Inglés" celebrado o día 5 de maio, na plaza do Concello de Betanzos . Este evento foi organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración dos 18 concellos polos que pasa o Camino Inglés. |
|
Mér, 09/05/2018 |
Máis de vinte participantes na Saída realizada o 14 de abril a Lalín por un grupo do Concello de Mesía dentro do "Programa Deporte é saúde 2018". Fixemos a ruta PRG - 210 CASTRO DE DOADE de 15 quilómetros. Despois da comida no restaurante, visitamos o complexo do Museo da Casa do Patrón. Poden ver o Álbum de fotos na paxina Facebook DEPORTE CONCELLO DE MESÍA Ata a próxima! |
|