15 persoas aproveitaron o 2 de xullo para aprender a realizar xabróns naturais cun taller práctico co que se iniciaron na formulación e elaboración de xabóns cosméticos con un ph axeitado á nosa pel. Todos eles foron elaborados a partir de materias primas naturais.
O 12 de xullo foi o turno do obradoiro de licores, con máis de 15 asistentes, para a elaboración de xeito natural de licores de frutas, café e crema. Tratáronse distintos métodos: destilación, maceración e infusión.