ANDAINA POPULAR E CARREIRAS DE MENORES: O SÁBADO 22 DE XULLO EN BRUMA

Dom, 16/07/2023
ANDAINA 2023 - Concello de Mesía

Este evento organizase como novidade para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular.

PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 19 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.)

A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 4-5 kms as 10:30h arredor de Bruma. Tras a chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira no hórreo de Casa Graña, colaborador principal desta 1ª edición.

Precisamente o escenario deste evento deportivo será a Explanada de Casa Graña; onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 € (de 13 anos en adiante) e de 10€ (7-12 anos).

INFORMACIÓN DETALLADA DO SÁBADO 22 DE XULLO DE 2023:

     Andaina e circuito infantil GRATUITOS

  • 10:00 horas_ Quedada para dorsais Explanada da Casa Graña.
  • 10:30 horas_ Saída da Andaina popular de 5 kms.
  • 13:00 horas_ Circuito de  CARREIRAS para varias categorías menores. ( De 0 a 10 anos).
  • 13:30 horas_ Entrega medallas e agasallos participantes.

  Para Xantar hai que reservar:

  • 14:00 horas_ Xantar na CASA GRAÑA: reserva de prato previo pago do Menú á organización (comunicaremos forma de pago tras recibir a inscrición).

     ANDAINA POPULAR:  5 KMS.

     - Non haberá premios nin diferenciacións con categorias. 

     - Pódense levar sillas, carritos de bebé ou nenos con bicis.

     - Agasallo por participar.

     CIRCUITO CARREIRAS DE BASE:

     - Peques: 0 a 5 anos: 1 VOLTA CIRCUITO.    

     - Medianos: 6 a 10 anos. 3 VOLTAS CIRCUITO.

     - Recibirán unha medalla por participar.

SAÍDA e chegada EXPLANADA "CASA GRAÑA".

PARKING: Recomendamos aparcar na zona da Igrexa de Bruma ou no aparcamento cerca do Albergue municipal.