CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA

Lun, 11/03/2024
CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA - Concello de Mesía

Ofertamos o campamento de conciliación de Semana Santa para nenos/as dende 3 ata 12 anos (escolarizados ata 1º ESO).

Prazas: Limitadas. Ocuparanse por rigorosa  orde de inscrición.  Do 11 ata o 20 de marzo. Cubrir a FICHA INSCRICIÓN adxunta nesta Nova, e mandala por correo electrónico  casadacultura@concellodemesia.gal ou en liña nesta ligazón:  https://forms.gle/cdb8C6ZcYmTa1ahY6

Datas:   25, 26, 27 de marzo e 1 de abril

Horario:    08:30 a 09:30h.  Aula concilia.

                  09:30 a 14:00 h. Campamento.

Prezo: 5€.

Caract. actividade: As actividades terán lugar na Casa da Cultura. Faranse obradoiros culturais, cociña, xogos, bailes, disfraces, contacontos, etc