ÉXITO DOS TORNEOS SOLIDARIOS: CON 2.128€ CONTRA O CANCRO E 687€ A FAVOR DE AMARAI
Ven, 29/12/2023
Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía. Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€ a favor da AECC na loita contra o cáncro.
No VI TORNEO INFANTIL xogaron 90 participantes, en 9 equipos, 200 persoas no público. Os equipos Xastre FC e EDM Curtis foron campións en cada categoría, subcampións EDM Curtis, Visantoña e Boimorto. Galería de imaxes
No XIII TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" recadáronse ca solidariedade de veciños, empresas, asociacións e xogadores de Mesía e alrededores, a cantidade de 2.182€.
A nivel deportivo, xogaron 9 equipos. O Ékaté proclamouse campión masculino derrotando a Peña de Olas. O Viaxes Amarelle FSF B gañou na final feminina ao Abellá Vellas. Tamén participaron: A Xuntanza e Inter Mesistar coma finalistas e o Relajate e disfruta e Abellá Novas.
O Torneo tivo como patrocinadores principais a Carpintería Ramón García, Campo SL e Erimsa, así como numerosas empresas e asociacións do Concelllo que ofreceron ademais o seu apoio e colaboración.
O Concello agradece todo o esforzo material e inmaterial destas entidades, e dos equipos deportivos participantes, para contribuír a que os torneos solidarios foran un éxito e mantiveran os bos resultados dos últimos anos. Tamén agradece aos veciños e veciñas que se achegaron a animar porque a pequena axuda de cada un foi a gran forza de todos.
Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía.
Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€ a favor da AECC na loita contra o cáncro.
GALERÍA DE IMAXES.
No VI TORNEO INFANTIL xogaron 90 participantes, en 9 equipos, 200 persoas no público. Os equipos Xastre FC e EDM Curtis foron campións en cada categoría, subcampións EDM Curtis, Visantoña e Boimorto. Galería de imaxes
No XIII TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" recadáronse ca solidariedade de veciños, empresas, asociacións e xogadores de Mesía e alrededores, a cantidade de 2.182€.
A nivel deportivo, xogaron 9 equipos. O Ékaté proclamouse campión masculino derrotando a Peña de Olas. O Viaxes Amarelle FSF B gañou na final feminina ao Abellá Vellas. Tamén participaron: A Xuntanza e Inter Mesistar coma finalistas e o Relajate e disfruta e Abellá Novas.
O Torneo tivo como patrocinadores principais a Carpintería Ramón García, Campo SL e Erimsa, así como numerosas empresas e asociacións do Concelllo que ofreceron ademais o seu apoio e colaboración.
O Concello agradece todo o esforzo material e inmaterial destas entidades, e dos equipos deportivos participantes, para contribuír a que os torneos solidarios foran un éxito e mantiveran os bos resultados dos últimos anos. Tamén agradece aos veciños e veciñas que se achegaron a animar porque a pequena axuda de cada un foi a gran forza de todos.
ARTÍCULOS PUBLICADOS EN PRENSA:
La Voz de Galicia (25/12/23): Ekate y Viaxes Amarelle se llevan el trofeo solidario de fútbol sala de Mesía
Dxt Campeón (27/12/23): Amarelle y Ekaté, campeones